try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Escolares

Campionato provincial de atletismo.

 

CAMPIONATO  PROVINCIAL  DE  ATLETISMO ESCOLAR

ESTADIO DA XUVENTUDE EN PONTEVEDRA 30/MAIO/2016

 

A clase de 5º participou no Campionato Provincial de Atletismo no Estadio da Xuventude en Pontevedra tras quedar campión no Campionato Zonal entre os colexios de Tui e Salceda de Caselas.

Xunto o CEP Pedro Caselles de Tomiño, viaxamos o luns 30 a Pontevedra para participar nas distintas modalidades atléticas como 60 m. lisos, 500 m. , lanzamentos de peso e vortex, carreira de relevos e salto de lonxitude. A esta proba provincial clasificáronse 19 escolas de 130 participantes nas distintas probas zonais. Felicitar aos nen@s do CEIP de Pazos de Reis polo décimo posto acadado e sobre todo pola súa actitude e esforzo.

 

FUTUROS ATLETAS EN PAZOS DE REIS!!!!

Celebrámolo día da Paz

O venres 30 de xaneiro, tal como estaba previsto e a pesar da chuvia, os nenos/as e mestres/as disfrutamos dun gran día, o día da Paz, tendo como figura de referencia a Malala, premio Nobel da Paz no 2014.

Os cativos, despois do recreo, realizaron talleres nos que pintaron as palabras que para eles representan paz e así xuntos construimos  unha escola para todos, para todos os nenos e nenas que non poden ir ao colexio como Malala.

Ademais pintaron un símbolo para agasallar ao seu compañeiro/a, un símbolo para compartir.

Logo dos obradoiros, fixemos un acto colectivo no que se  leron os seus escritos pola paz: manifesto , bos desexos, poemas e a vida de Malala.  Grazas a todos  polas vosas belas palabras e o traballo realizado.

A mestra Rita leunos un libro moi interesante: “La escuela secreta de Nasreen” e finalmente cantamos a canción de Juanes “Es tiempo de Cambiar”.

Pola paz día a día. Por unha escola para todos, unha escola de calidade. Por todos os cativos para que a maxia da educación faga de vós mulleres e homes de paz de hoxe e de mañá.

 

 

5 DE XUÑO DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Os nenos e nenas de 1º, 2º,3º e 4º curso subimos ao parque natural de Monte Aloia para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, invitados pola conselleria.
Fixemos a rúta do arboreto e estivemos no centro de interpretación.

Visita a Tui de Xosé Neira Vilas

 O    pasado 24 de outubro os nen@s de primaria  do  noso cole tivemos a sorte de compartir as butacas da Area Panorámica co escritor Xosé   Neira  Vilas. Foi unha experiencia moi bonita, contounos moitas cousas da sua obra MEMORIAS DUN NENO LABREGO  que cumple 50 anos. Os nen@s dos coles de Tui fixémoslle moitos regalos que lle gustaron moito e tamén lle preguntamos algunhas cousas que nos queríamos saber. Foi  moi amable, adicounos algúns  libros para a nosa biblioteca.

 

Ver imaxes

FESTIVAL DE NADAL E CANTOS DE REIS

Xa podedes ver as fotos do Festival de Nadal e a nosa sáida pola parroquia cantando os Cantos de reis.

Ver fotos

VISITA DOS AMIGOS DE CUENCA

O grupo de alumnos e alumnas de 5º nivel de Educación Primaria do CEIP Casablanca estiveron de viaxe en Tui os días 18-21 desde mes de maio. Estes alumnos mantiveron correspondencia nos cursos pasados cos nosos alumnos/as de 5º.

O luns pola tarde visitaron o casco histórico de Tui, deténdose especialmente na catedral. Chamoulles moito a atenciòn, non agardaban que aquí houbese un patrimonio.

Os días 19 e 20 pola mañá tivemos actividades conxuntas cos nosos alumnos/as de 5º e 6º cos amigos de Cuenca. O luns fixemos unha visita aos Muíños do Tripes, onde contamos coa colaboración da Asociación de Muiñeiros do Tripes para poñer un muíño a moer. Aos rapaces de Cuenca chamoulles moito a atención, pois non coñecían este tipo de muíño. De seguido visitamos o Parque natural do Monte Aloia para coñecer o centro de interpretación e algún dos percorridos organizados para o que contamos cun monitor do parque. Gustoulles moito o Aloia e especialmente as vistas panorámicas que hai dende a cima.

  O mércores tivemos no colexio unha xornada de xogos tradicionais. Os rapaces xogaron con aros, zancos, á corda, á petanca, á ra e aos bolos. Pasárono moi ben. Este día recibimos a visita do profe Ramón, porque foi, sendo el titor deste grupo de alumnos en 3º  de primaria cando comezaron a manter correspondencia. Tamén veu polo colexio a saudalos a Concelleira de Educación do Concello de Tui, que lles entregou uns obsequios tanto aos profesores coma aos alumnos.

Finalmente celebramos a festa dos “maios” que adiaramos para facela coincidir con esta visita. Eles non coñecían este tipo de tradición e chamoulles moito a atención.

Nos dous días de actividades conxuntas, o Supermercado Froiz serviunos de balde a merenda de media mañá, razón pola que lle estamos moi agradecidos.

Os nosos amigos de Cuenca fóronse moi satisfeitos da súa viaxe e convidáronnos a que lles devolvamos a visita no vindeiro curso.

VER FOTOS

Monte Aloia                       Xogos populares                      Os maios

Distribuir contido