try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

ANPA

Estratexias de comunicación cos nosos fillos, charla-coloquio con Dolores González

Este vídeo é o primeiro dunha serie de 3 nos que repartimos a interesante charla que tiveron pais  e nais coa psicóloga Dolores González o pasado 29 de xaneiro de 2013 na sala de usos múltiplos da nosa escola.

sentímolo, flash non está dispoñible.

COMUNICADO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE PAZOS DE REIS

Seguindo a nova publicada na prensa o día 08 de xaneiro de 2013 na que se fala da posibilidade de dar outros usos á finca da Lagarteira e na que se explicita, así mesmo, que a construción do novo Colexio de Pazos de Reis non será inminente, aínda que non se renuncia ao proxecto, o Claustro de Profesorado, a ANPA e o Consello Escolar do CEIP de Pazos de Reis, por unanimidade, manifestan que consideran que o goberno local debería seguir insistindo na necesidade da construción, da nova escola na finca da Lagarteira, que foi adquirida hai xusto un ano, para tal fin, para lograr que a parroquia de Pazos de Reis conte no menor tempo posible cunha nova escola de Ensino Infantil e Primario (CEIP), xa que a actual carece de espazo para acoller o número de alumnos e de actividades que se realizan.

O CEIP de Pazos de Reis está situado no lugar de Porteliña e ten carencias tanto en espazo aberto como edificado para as funcións que desenvolve unha escola actual.

A edificación actual fixo en 2008 o seu 50 aniversario. Neste tempo mantívose coa estrutura inicial, non sendo a conversión das antigas vivendas dos mestres en espazos para a escola. Hai un módulo prefabricado, colocado de maneira provisional por un curso, e xa leva 5 anos, que se atopa moi deteriorado, e en calquera momento poderíamos ter que deixar de utilizalo. O número de alumnos/as escolarizados neste CEIP medra de ano en ano e  prevese que o incremento siga nos próximos cursos, e poderíase ter que deixar fóra a algún neno ou nena que viva na parroquia. Actualmente acolle 125 nenos e nenas.

Consideramos que debería ser prioritaria a opción de manter en Pazos de Reis a escolarización do  alumnado de Infantil e Primaria, dotando ao CEIP dun equipamento axeitado, tanto no que atinxe á edificación coma aos espazos abertos con que debe contar. Este compromiso a prol dun novo CEIP para Pazos de Reis xa foi manifestado á comunidade educativa polo goberno local e pola Consellería de Educación, pero neste momento está parada e silenciada calquera iniciativa en relación coa construción do novo colexio, que consideramos que é prioritaria para a utilización dos terreos indicados, xa que ese é o cometido para o que se mercaron e é unha necesidade real.

Mentres non se fai efectiva a construción do novo centro educativo, solicitamos por parte do goberno local e da Entidade Menor un esforzo na realización das reformas e arranxos pertinentes para que o desenvolvemento das tarefas educativas se leve a cabo cun mínimo de dignidade para a comunidade educativa.

Demandas ó xefe territorial da Consellería de Educación

Nestes dous documentos recollemos información sobre o estado do edificio escolar presentada na reunión mantida co xefe territorial do Departamento Provincial da Consellería de Educación.

ANPA

   A.N.P.A. “A PORTELIÑA” de Pazos de Reis   

A nova directiva da A.N.P.A. “A Porteliña” quere saudarvos
e informarvos
que na asemblea xeral
celebrada no mes de setembro a antiga directiva disolveuse. Desa reunión xurdiu
unha nova que é a seguinte:
 


CARGO NOME E APELIDOS
PRESIDENTA

Montserrat
Comesaña Pérez
i

VICEPRESIDENTE

José
Luís Estévez Estévez

SECRETARIA

Pilar
Hermida Borrego

TESOUREIRA

Rosa
Mª Muíños Puga

VOGAIS

Carolina
Guerrero Lage

Ana
Isabel Pérez González


Belén Martínez Martínez

Álvaro
Vázquez Gregores

Emiliano
López Piñeiro

Jesús
Rodríguez Gregores

  A ASOCIACIÓN REÚNESE UNHA VEZ AO MES NAS DEPENDENCIAS DO COLEXIO. O día e a hora da reunión comunícase no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, para que todas as persoas interesadas en participar, sexan ou non do equipo directivo, poidan facelo. Para aquelas persoas que non poidan acudir á reunión, pero desexen poñer de manifesto calquera proposta, inquedanza,… existe un BUZON DE SUXERENCIAS no vestíbulo do centro. Debemos lembrar que a asociación a facemos entre tod@s, e que tod@s podemos colaborar na medida das nosas posibilidades no seu desenvolvemento.

2.- ACTUACIÓNS PROPOSTAS PARA O CURSO 2008/2009.  

2.1. INTRODUCCIÓN          Partindo de que a meta principal xenérica dunha A.N.P.A. é “dispoñer todos os medios e accións necesarias para favorecer o desenvolvemento integral d@s alumn@s asociad@s”, as LIÑAS DE ACTUACIÓN consideradas pola asociación son as seguintes: 

  1. Disposición de todos os medios posibles para acadar melloras na escola: infraestructura, dotacións, equipo docente,…
  2. Organización, seguemento e avaliación das actividades extraescolares.
  3. Organización, seguemento e avaliación de charlas dirixida ás familias.
  4. Disposición da A.N.P.A. para colaborar en calquera actividade que se propoña dende o corpo docente da escola.
  5. Organización, seguemento e avaliación de saídas lúdico-formativas trimestrais.

 De igual xeito, a asociación pretendía configurar os servizos de acollida matinal e comedor, pero os resultados da enquisa realizada no mes de outubro co fin de coñecer os intereses e necesidades reais d@s usuari@s sobre os servizos mencionados, indicaron a inviabilidade da proposta, xa que só 6 persoas farían uso continuado dos mesmos e 2 persoas de maneira intermitente. Estas cifras non permiten crear uns servizos que precisarían dun mínimo para polos a camiñar. Nos seguintes apartados describimos cada actuación e servizo actuais. 

 2.2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: As Actividades Extraescolares que se están a realizar no CEIP de Pazos de Reis neste curso 2008-2009 son as seguintes: As actividades extraescolares iniciáronse no mes de outubro, cos seguintes horarios e unificando algúns grupos do seguinte xeito: 

DÍA/ HORA ACTIVI-DADE MONI-TOR/A TPO LUGAR IDADE PREZO/MES INDICACIÓNS
Luns 4:00-5:15 Plástica Mariana 75 mn. Colexio Infantil 15€ e 2€ para material Traer libreta pequena, mandil e estuche.
Luns5:15-6:30 Plástica Mariana 75 mn. Colexio Primaria 15€ e 2 € para material Traer libreta pequena, mandil e estuche.
Martes 4:15-5:15 Balonmán Carla 60 mn. Colexio Dende 7 anos 6€ -
Mércores4:30-5:30 Inglés Carmen 60 mn. Colexio De 4 a 12 14€ -
Xoves 5:00-5:45 Natación Di  Som 45 mn. Di Som De 3 a 12 - -
Venres 4:00-6:00 Informá-tica Martín 120 mn I. Martín De 6 a 12 - -

 (Por falta de usuari@s, este curso non se desenvolven as actividades de expresión musical e expresión corporal e xadrez) Lembrade: v     Os nen@s que non son socios da A.N.P.A. incrementan en 3€ cada actividade.v     A duración das actividades é de 8 meses, iniciando en outubro e rematando no 31 de maio de 2009.v     Os monitores cobrarán a principios de mes, tanto sexan meses de tres, catro ou cinco semanas. A mensualidade aboarase ao monitor/a de cada actividade.  

2.3. CHARLAS DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS Se ben o concello está a facer unha boa labor facilitando algunhas charlas dende os seus servizos sociais, a A.N.P.A., ademáis de dar información sobre estas propostas, organiza algunhas outras, como por exemplo, “a importancia da hixiene bucal” ou “guía de prevención e primeiros auxilios”, buscando especialistas idóneos para o seu desenvolvemento. Na medida do posible, inténtase que os especialistas non precisen remuneración, pero abóanse, como mínimo, os custes de desprazamento e  proporciónaselles un agasallo pola súa colaboración.  

 

2.4. COLABORACIÓN CON ACTIVIDADES DA ESCOLA A A.N.P.A. adoita colaborar coa escola na realización de actividades complementarias ou extraescolares dispostas polo equipo docente, de varios xeitos: 1.       Poñendo a disposición do equipo colaboración na xestión das actividades: conseguir viandas gratuitas, colaborar persoalmente en actividades de decoración, preparación, acompañamentos,…2.     Destinando unha parte do orzamento para gastos das actividades (complemento para pago de transporte, por exemplo).3.     Organizando algunha actividade especial para o día de remate do curso, asumindo os custes totais do seu desenvolvemento.

 2.5. SAÍDAS LÚDICO-FORMATIVAS TRIMESTRAIS A A.N.P.A. organiza tres saídas no curso de carácter lúdico-formativo. Desenvólvense os sábados e teñen por obxecto visitar algún espazo interesante para os nenos e nenas: Aquamuseum de Vilanova de Cerveira, fábrica textil en Tomiño, elaboración de pizzas nunca pizzería,…   2.6. CONCLUSIÓNS Agardamos que esta páxina sirva como canle de información e de comunicación, comprometéndonos, o equipo firmante, na mellora da mesma. A idea final que nos ocupa a tod@s é proporcionar aos nos@s fill@s as mellores condicións que contribúan ao seu singular proceso de desenvolvemento persoal. Cantos máis nos impliquemos directamente, máis posibilidades teremos de conseguilo.Outro saúdo do equipo directivo 

MANIFESTO DA A.N.PA “A PORTELIÑA” NO50º ANIVESARIO DO C.E.I.P. DE PAZOS DE REIS.          Boas tardes, nenos e nenas, nais e pais, equipo educativo do colexio, antigos alumnos e alumnas, veciños e veciñas e autoridades presentes.          Co motivo desta xuntanza, hoxe temos a oportunidade, que agradecemos á dirección do centro, de facer chegar o sentir das familias que formamos a A.N.P.A. “A Porteliña”, constituída non hai moitos anos, pero coa firme conciencia e vontade de colaborar na mellora dunha calidade educativa para as nosas fillas e fillos. Esta calidade ten dúas vertentes, a que afecta ao equipo docente, no que nos veñen demostrando dende hai anos, que podemos depositar a nosa absoluta confianza e, por outra banda, a mellora das instalacións, sen dúbida, esenciais para garantir que os procesos e proxectos educativos poidan levarse a cabo en óptimas condicións e acorde aos novos tempos.          O colexio de Pazos apenas cambiou nestes 50 anos como estructura física, nembargantes si o fixo na súa estructuración escolar. Se ben houbo un tempo no que parecía destinado a desaparecer, o bo facer do equipo soubo captar novo alumnado e os números foron crecendo, sen que a previsión nos diga que vaia a menos, ao contrario, cada ano hai máis matrícula.          Esta realidade da orixe á necesidade apremiante dun novo centro escolar que dea resposta á actual situación escolar e que se adapte á normativa legal vixente, en canto a espazos e equipamentos, como a aula de informática, espazos abertos axeitados ou un lugar específico de biblioteca.          Isto non é novo para as autoridades, xa que a demanda leva dous cursos facéndose máis que notoria, polo que aproveitamos esta plataforma que hoxe se nos ofrece para solicitar accións reais, non só boa vontade por parte das administracións competentes.          As respostas  coñecémolas sobradamente, pero non estamos dispostos a seguir vendo como os nosos fillos e fillas permanecen amontoados en aulas mínimas, como non poden saír a xogar cando chove, que é moito por estes lares… en fin, que non dispoñen dunhas condicións escolares mínimas ao igual que o resto dos centros do noso concello.          Gustaríanos que hoxe, estando todos aquí, os representantes da administración local e educativa fagan un compromiso xa para resolver esta situación e que o vindeiro curso poidamos facer unha festa, como a de hoxe, para inaugurar o novo centro. Aseguramos que, entón,  o noso discurso e o noso sentir serán ben distintos.          As familias seguiremos ata ese momento en alerta e dispostas a facer todo o necesario para que o novo centro vaia adiante.          Un saudiño para todos os presentes.  Asdo.: A.N.P.A. “A Porteliña”.

Distribuir contido