try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Curso 2016-2017

Programa de despedida do CEIP de Pazos de Reis

Este foi o último programa deste curso. Foi ademais o último programa dos nenos e nenas de 6º do noso cole, pero tamén de outros, coma os de Sobrada.

O próximo curso , ala polo mes de novembro máis. BO VERÁN!

 


11:13 minutes (25.68 MB)

Programa 46 - La lección de August- CEIP as Covas de Meaño

 

TÍTULO: La lección de Agust

 AUTOR: R. J. Palacio

 COLEXIO: CEIP as Covas de Meaño

 RESUMO:

 Agust é un neno moi especial, a súa cara faino diferente, pero el só quere ser coma os demais. Camiña mirando o chan, a cabeza gacha, tratando sempre de esconder a súa faciana. Por que será? . Este ano vai ser moi diferente porque Agust vai ir a escola.


Agust ten un amigo especial , o seu canciño Daisy

 


6:21 minutes (14.55 MB)

Programa 45 - Arman e a fábrica podre - CEIP nº 2 Tui

TÍTULO: Arman e a fábrica podre
AUTOR: Macip Llort
COLEXIO: CEIP nº 2 de Tui
RESUMO:
Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os animais e as plantas de Virolainek! Para conseguilo conta coa axuda dos seus amigos, de Tim, a súa espelida mascota... e mais do SEU PODER SECRETO. Serán quen de atopar unha solución a tempo para deter os plans do envexoso e trampulleiro ministro Zhirkov?

      


9:05 minutes (20.8 MB)

Programa 44: Colectivo Letras Galegas - CEIP de PAZOS DE REIS

Varios libros . Podemos lelos todos ou escoller. SEMPRE EN GALEG


13:25 minutes (30.73 MB)

Programa 43: Así é Santiago"- CEIP de SOBRADA

TÍTULO: “ASÍ E SANTIAGO”

AUTOR: FERMÍN SOLÍS.

COLEXIO: SOBRADA DE TOMIÑO  

RESUMO :É un libro que semella unha guía turística por Santiago. Ten preciosas ilustracións  de monumentos famosos e fala de curiosidades de Santiago, dos peregrinos, da catedral,do botafumeiro. É un libro moi útil, e como no seu cole van facer un tramo do camiño portugués,  axudoulles a preparar a camiñada.


7:21 minutes (6.74 MB)

Programa 42:CEIP plurilingüe n.º 2 de Tui

AUTOR: Pere Tobaruela

ILUSTRADOR: Andrés Meixide

EDITORIAL: Xerais

COLE: CEIP plurilingüe n.º 2 de Tui

  

RESUMO.: 

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son as catro integrantes das FORMIG4S. Unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Misión Barcelona” leva os FORMIG4S a capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza na Pedreira, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.

 

 


2:00 minutes (4.57 MB)

Programa 41: El pirata Garrapata - CEIP Vicente Risco de Vigo

TÍTULO:El  pirata Garrapata

AUTOR: Juan Muñoz Martín

COLEXIO : CEIP Vicente Risco de Vigo

RESUMO:

Garrapata é un home barrigudo e moi moi bravo e feroz, que ten unha pata de pau e un garfo no sitio dunha man.

En Londres todo o mundo lle tiña medo. Tiña nariz de Pinocho, longa e colorada coma un tomate, pero en realidade non é tan malo. Tampouco os seus compinches   o son tanto como parecen.


3:52 minutes (3.54 MB)

Progr 41: CEIP As Covas de Meaño-EL OSO QUE LEIA NIÑOS

TÍTULO: EL OSO QUE LEIA NIÑOS

AUTOR:  Gonzalo Mouree.                 

EDITORIAL: S. M.  Barco de vapor.

COLEXIO: C.E.I.P as Covas de Meaño.

ARGUMENTO:

O protagonista é un oso chamado Ñam Ñam.

 

Ñam Ñam tiña unha familia oso, pero un día uns cazadores con cans  de caza o meteron nunha gaiola. Pero Ñam Ñam era un oso de conto, non de verdade, e cando Noemí abriu o libro para lelo, Ñam Ñam lle pide axuda para saír de gaiola. Os nenos e nenas de Meaño fixérono moi ben.


5:52 minutes (13.41 MB)

Progr 40:CEIP Nº 2 de Tui-BALA PERDIDA

AUTOR: Manuel Rivas

 

EDITORIAL: Alfaguara

COLEXIO: C.E.I.P   Plurilingüe número 2 de Tui.

ARGUMENTO:

Este libro foi traducido a máis de 20 linguas. Os piratas liderados por Bala Perdida, o protagonista, encontraron un tesouro, o tesouro dos nazis, que estaba cheo de lingotes de ouro. Bala Perdida secuestra a una rapaza e… mellor non contan mais que se non, non ides   mercar o libro.

 

Este programa foi feito en directo.


8:49 minutes (16.15 MB)

Programa 39- "GUYI,GUYI" CEIP de Chancelas

TÍTULO: GUYI, GUYI

AUTOR: Chih-Yuan 

Chen

COLE: CEIP de Chancelas

RESUMO: Os nenos e nenas de 1º do CEIP de Chancelas presentáronnos un libro precioso que conta a historia de un ovo que se equivocou de niño. É a historia de 3 ovos que caen rodadndo nun niño de parrulos. Hai tamén uns crocodilos malos que queren comer a familia de Guyi Guyi. Pero a el ocorreuselle unha idea e ao final conseguirá salvalos, converténdose nun heroe. Este libro podemos telo en papel ou tamén velo nun video que gravaron estes nenos e que está en youtube. Fixérono moi ,moi ben.

 


4:31 minutes (4.14 MB)
Distribuir contido