try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG 2015-2016

ACTIVIDADES DO NADAL NA ESCOLA

Actividade do xoves 17de decembro.

CANTOS DE NADAL E REIS

 Como vimos facendo nos últimos anos, se o tempo nolo permite, sairemos cos alumnos de 5º e 6º pola parroquia para facer OS CANTOS DE NADAL e REIS. Os  nenos/as irán cantando naquelas casas ou zonas onde saian  a recibilos e escoitalos ( admiten gustosos  pequenos agasallos ou aguinaldos). O percorrido será o seguinte:

  1. ·         Saída do cole en torno ás 9:30 cara  ás casas do Seixal.
  2. ·         As 10,15 cantarán en directo dende a Radio Municipal de Tui.
  3. ·         Se hai posibilidade, cantarán ao seu paso polo mercado( zona da entrada á obra do edificio do centro de saúde)
  4. ·         Sairán cara ao ANXO, por onde pasarán sobre as 10,45
  5. ·         Subiremos cara a Poboanza con parada na tenda de Barrocas.
  6. ·         Collemos o camiño da Porteliña que nos levará cara a  Herdeiros.
  7. ·         Iremos cara a Eirado.
  8. ·         Volta ao cole e cantos á saída.

 

Lecturas recomendadas na radio, 2015-2016

O xoves 5 de novembro empezamos a tempada de programas de radio nos que  recomendamos libros en Radio Tui. Como vén sendo habitual, emitiranse ás 11,30h e poderanse escoitar de novo ás 14:45, tamén por Radio Tui ou na súa páxina web.

 Nuns días colgaremos aquí os audios, para que os podades descargar e escoitar todas as veces que queirades.

 

 Este ano, ademais, temos un concurso con libros de agasallo. Escoitade o primeiro programa para enterarvos de como vai, lede os libros e participade.

                  

Distribuir contido