try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Curso 2013-2014

Entrevista completa a Uxía - Maio 2014

En representación dos nenos e nenas da aula de 5º, Alba Martínez, Clara, Rocío e Alba De Marcos realizan esta completa entrevista a Uxía na que fan un repaso pola súa vida e a súa carreira musical, parándose especialmente no libro-disco Rosalía Pequeniña, publicado no 2013 pola editorial Galaxia.

                                   


30:36 minutes (28.02 MB)

O CEIP de Pazos de Reis en Ponte...nas ondas! 2014

Escoitade o programa co que participamos na edición nº20 de Ponte...nas ondas!. Adicámolo ao libro-disco "Rosalía Pequeniña" da cantante Uxía, á que entrevistamos.

 

A idea orixinal, o guión e a locución correu a cargo dos nenos e nenas de 5º, acompañados da súa mestra, Rita. 

Contamos coas colaboracións do CEIP As Covas, de Meaño, e Nº2 de Tui. 

Emitimos dende os estudos da Radio Muncipal de Tui, onde nos acompañou Jose Font, e tivemos no control a Javier Martínez. 

O noso agradecemento para todos e todas. 


22:28 minutes (20.57 MB)

Progr24: Pazos de Reis- Tui (29/05) – DESPEDIDA DO CURSO 2013- 2014

As escolas participantes neste proxecto de recomendación de libros que vimos desenvolvendo dende hai xa 6 cursos despídense neste programa ata o curso 2014- 2015. Bo verán!

 


10:37 minutes (9.72 MB)

A nosa escola en Ponte...nas ondas! 2014

O venres 30 de maio escoita o programa da nosa escola para Ponte...nas ondas! 2014 en directo dende a Radio Municipal de Tui, a partires das 13:07.

 Entrevistamos á cantante Uxía e contamos coa colaboración dos CEIP Nº2 de Tui e As Covas - Meaño .

 Non o perdades!!

Progr23: Vicente Risco - Vigo(22/05) – AS ÁS DE XENOVEVA

TÍTULO: As ás de Xenoveva

AUTORA: Uxía Casal

 

EDITORIAL: Galaxia

COLECCIÓN: Árbore

Un libro que conta a historia dunha galiña que xa está farta de vivir na granxa e quere ir vivir aventuras no mundo exterior.


12:10 minutes (11.15 MB)

Progr22: Pazos de Reis- Tui (15/05) – COLECTIVO LETRAS GALEGAS 2014

Estas son as recomendacións do alumnado da nosa escola para o programa especial das Letras Galegas 2014. Escoitádeas nas súas propias voces.


14:08 minutes (12.95 MB)

Progr21: As Covas- Meaño (08/05) – AS FLORES RADIACTIVAS

   TÍTULO: As flores radiactivas
AUTOR: Agustín Fernández Paz
ILUSTRADOR: Miguelanxo Prado
EDITORIAL: Xerais

  RESUMO: A historia está baseada en feitos reais.  Os vertidos radiactivos desta historia poden matar a moitísimos animais e persoas.

  A historia trata de que hai moitos anos algúns países tiraron os vertidos radiactivos ao mar para desfacérense deles; un día unha nena chamada Alba viu no mar algo que brillaba e eran… flores radiactivas!!

  Neste programa  os nenos e nenas de 6º do CEIP As Covas – Meaño aproveitan para se despediren desta actividade de radio xa que no vindeiro curso estarán no instituto. Que vos vaia moi ben!

 


6:07 minutes (5.61 MB)

Progr20: Chancelas - Poio (10/04) – EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MÚSICA

TÍTULO: O asesinato do profesor de música

AUTOR: Jordi Sierra i Fabra

ILUSTRADOR: Pablo Núñez

EDITORIAL: Anaya

RESUMO: Trátase dun libro de misterio no que as pistas para resolvelo están relacionadas coa música.

             A conclusión dos nenos e nenas de Chancelas é a de que “Todos cun pouquiño de ganas e empeño podemos entender e disfrutar da música: escoitando, interpretando e compoñendo”.

   Un programa moi interesante que inclúe 1 peza de composición na escola: unha peza para vaso, mesa e boli con percusión corporal; unha xoia.

 

 Non deixedes de escoitalo nin de ler este libro tan inspirador. 


6:58 minutes (6.39 MB)

Progr19: Vicente Risco- Vigo (03/04) – ZIMBO

  TÍTULO:  Zimbo

  AUTORES: Arturo Abad e Joanna Concejo

  EDITORIAL:  OQO

  RESUMO:

  Este libro tan só ten 32 páxinas,e está en    galego.

   Zimbo é unha marioneta moi educada que  pensaba que a vida era para disfrutala. Quería  abrir a porta da liberdade.

 

O adaxio do libro é:  ``Hai que moverse,tanto física coma mentalmente´´. Este libro ten unhas imaxes moi bonitas.


4:35 minutes (4.2 MB)

Progr18: CEIP Nº2 - Tui (27/03) – O PEQUENO MAGO

TÍTULO: O pequeno Mago

AUTOR: Roque Cameselle

EDITORIAL: Xerais

RESUMO:

É un neno que facía maxia, chamábase BIEITO. Pero a  súa familia non o podía dicir porque din que os que fan maxia fan bruxería. É que  esta historia pasa na Idade Media.

 

Desenvólvese en Tui, na nosa cidade, por iso ao lelo recoñecemos algúns lugares: a catedral , a parte antiga, o río Miño …


4:50 minutes (4.43 MB)
Distribuir contido