try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG 2013-14

As fotos do certame EN GALEGO NO BAIXO MIÑO

O certame EN GALEGO NO BAIXO MIÑO desenvolveuse en varias escolas da zona do Baixo Miño durante os últimos meses do curso 2013-2014.

Tratábase de localizar empresas e locais nos que se usase a lingua galega e reflexalo en fotos. Esta presentación recolle as que fixeron aquí en Tui os nenos e nenas de Pazos de Reis. 

sentímolo, flash non está dispoñible.

A nosa escola en Ponte...nas ondas! 2014

O venres 30 de maio escoita o programa da nosa escola para Ponte...nas ondas! 2014 en directo dende a Radio Municipal de Tui, a partires das 13:07.

 Entrevistamos á cantante Uxía e contamos coa colaboración dos CEIP Nº2 de Tui e As Covas - Meaño .

 Non o perdades!!

Xogo de pistas- Letras galegas

sentímolo, flash non está dispoñible.

Visita do ilustrador Abraham Carreiro

Onte veu Abraham Carreiro, ensinounos os seus debuxos. Abraham é un ilustrador. Ensinounos paso a paso a debuxar unha galiña, unha quenlla e un cabalo.
Debuxou un neno en monopatín, un monstro e unha nena troglodita, ese debuxo tardou moi pouco tempo en facelo.
Usou pinturas quentes e frías.
Gustounos moito e pareceunos moi interesante.

 

VER FOTOS

VÍDEOS ENTROIDO 2014

Dende esta foto podemos ir aos vídeos do Entroido 2014 na escola.

ACTIVIDADES DE FINAL DE TRIMESTRE

Estas son as actividades programadas para darlle remate ao primeiro trimestre:

1. 

Xoves 19     

* Ás 11:30 h  emitirase en Radio Tui o noso programa colectivo de Nadal de recomendación de libros, no que participa alumnado de todos os cursos.

* Ás 12:30h estaremos na Casa Cultural d’O Anxo para unha sesión co mago Peter Punk, por invitación da ANPA.

* Ás 13:30h, o  alumnado da actividade extraescolar de bailes de salón ofrecerá unha pequena exhibición.

2. Venres 20

         * Os nenos e nenas de 5º e 6º sairán a partir das 10:00 para facer os CANTOS DE NADAL pola parroquia seguindo o horario que podedes consultar aquí neste enlace. De chover, farán os cantos na escola, indo de aula en aula.

 

         * O resto do alumnado terá unha xornada lúdica e compartirá as merendas, polo que cada un traerá algún alimento relacionado con estas datas. 

Facemos ciencia en galego

Aquí vos presentamos un cadro no que resumimos o que fixemos nas XORNADAS DA CIENCIA EN GALEGO na nosa escola. 

Tamén podedes ver vídeos nos nosos blogues (,, )

 

 

 

Xornadas da Ciencia en Galego no CEIP de Pazos de Reis

Dende o martes 5 de novembro celebramos na escola as "Xornadas da Ciencia en galego" con conferencias do alumnado sobre temas diversos que teñen traballado nas aulas.

 Participa todo o alumnado, uns días coma poñentes e outros coma público. Aquí tedes o cartaz co contido. 

Volve a radio escolar á Radio Municipal de Tui

A partir de mañá xoves 7 de novembro, volvemos emitir programas de recomendación de libros  a través de Radio Tui. 

Neste curso seremos as mesmas escolas do ano pasado e o primeiro programa correspóndelles aos nenos e nenas do CEIP As Covas de Meaño. 

Cando: todos os xoves, ás 11:30h en Radio Tui; podédesnos seguir pola radio ou a través da web da emisora. Tedes o enlace aquí á dereita.

Tamén se volverá emitir o mesmo xoves ás 14:45h, e, ademais, poderedes descargalo da nosa web uns días máis tarde. 

 

Que disfrutedes da radio e das lecturas!!

Distribuir contido