try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Camp 2013

MAKE THE EARTH YOUR COMPANION

Esta é unha presentación de fotos na que queremos amosar o desastre dos lumes nos montes galegos. 

Fixémola para o campamento de inglés e alí os nenos e nenas de 5º e 6º puxéronlle voz ao vivo. De volta na escola, gravamos as voces dos nenos e nenas de 6º para facer este vídeo.

Primeiro fan unha breve introdución e logo, o texto que len, impreso na pantalla, é un poema do autor americano J. Patrick Lewis. O título MAKE THE EARTH YOUR COMPANION (Fai da Terra a túa compañeira).

 

Vídeo - resumo do campamento de inmersión lingüística en inglés, en Priego (Cuenca)

Premendo neste enlace poderedes ver o vídeo no que resumimos (MOITO) o vivido na semana do 6 ao 12 de outubro polo alumnado de 6º e 5º no campamento .

 

http://sextopazosdereis.blogspot.com/2013/11/neste-video-resumimos-moito-o-contido.html

We're going on a bear hunt

Este é o vídeo da canción que lles ensinamos aos nenos e nenas da escola de Huelva, e que cantamos todos xuntos.

 

 

Day5 - 10th October

Hoxe visitamos un Centro de Recuperación de Aves; foi unha visita fantástica!

Rematamos o "eco-proxecto" que empezaramos a facer dende o primeiro día na aula cos monitores .

Ensinámoslles unha canción aos nenos e nenas da escola de Huelva e cantárona con nós.

E pola noite fixemos un xogo moi divertido dentro do local. 

 

 

 

Day4 - 9th October

Coñecemos datos importantes sobre as árbores e plantas que rodean o campamento.

Experimentamos cun ovo en paracaídas.

E coñecemos un xogo novo moooi divertido: o Gagapit.

E seguimos divertíndonos con moitos xogos ata a noite.

 

Máis info na páxina:  www.zonafamiliasymca.es/priego/inmersion-lingueistica-en-ingles-en-priego-segundo-turno/acampada-unica/20131009.html  

 

Camp2013- Day 3 - October 8th

No martes 8 tocounos excursión pola mañá. Descubrimos que aquí os campos si que son grandes. 

 

Na comida, spaghetti carbonara (mmm...) e na merenda, bocadillo de nocilla.

Pola noite,  caza de vampiros despois da cea; foi moi divertido!

Camp2013- Day 2

Ao mediodía chegaron os nenos e nenas do colexio de Huelva.  Pola tarde fixemos xogos para aprendérmonos os nomes e ir collendo confianza.

 

Entre as actividades do día destacamos  unha no monte para manexar o GPS, o estudo de rochas e minerais, presentamos as nosas escolas e pola noite xogamos a policías e ladróns. Foi  moi divertido.

Fotos na galería e na web do campamento: www.zonafamiliasymca.es

Camp2013- Day 1: Travelling and first impressions

A viaxe no autobús foi moi longa pero o tempo foi estupendo e coas paradas cada 2 horas non houbo problema. Polo camiño tivemos ocasión de recordar datos que tiñamos aprendido na aula sobre pobos e lugares polos que pasamos .

 

 

Á chegada ao campamento, estiveron moi participativos e foi todo English, English e English.

 

 

Na galería tedes algunhas fotos.

 

Distribuir contido