try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

Curso 2012-2013

O DENTE DE CLARA, programa de marzo do CEIP Vicente Risco

 

TÍTULO: O dente de Clara

AUTORA: Ana Expósito Valle

EDITORIAL: Edelvives

RESUMO:  É a historia dunha nena chamada Clara, que unha noite coñece ao ratiño Pérez. Pero como este se equivoca porque a ela non lle caíra ningún dente,  ten que quedar a vivir con ela ata que lle caia un. Mentres tanto, viven moitas aventuras por todo o mundo.   Este libro ten debuxos moi bonitos de   Mª Fe Quesada.


10:29 minutes (8 MB)

LÚA DE SENEGAL, o libro do programa de marzo do CEIP As Covas - Meaño

 TÍTULO: Lúa do Senegal

 AUTOR: Agustín Fernández Paz    

  ILUSTRADORA: Marina Seoane                            EDITORIAL: Edicións Xerais 

Conta a historia de Koedi, unha nena que ten que emigrar e deixar o seu  país, Senegal, porque os seus pais non tiñan traballo alí. Chega a Vigo e séntese moi soa; só  ten unha amiga, a Lúa,  coa que fala a miúdo. Neste programa os nenos/as de Meaño fan entrevistas preguntando  á xente pola emigración en Galicia, sobre que familiares  teñen emigrados, a onde lles gustaría emigrar… Como eles  din, este é un tema moi de actualidade. 


11:54 minutes (8 MB)

ME LLAMO..., BIOGRAFÍAS de JULES VERNE e CHARLES CHAPLIN, programa do CEIP Nº2 de Tui

Neste programa recoméndannos 2 libros da Colección ME LLAMO, da Editorial Parramón: os adicados a Julio Verne e Charles Chaplin. 

ME LLAMO é unha colección de 23 biografías de personaxes relevantes. En cada libro, o personaxe elixido conta en primeira persoa o máis destacado da súa vida e faino a través das súas obras ou accións. Cunha narración atractiva, capta o interese dos nenos e nenas presentándolles o máis destacado destes personaxes. 


5:51 minutes (5.36 MB)

ESCOLMA POÉTICA DE ROSALÍA DE CASTRO, programa de febreiro do CEIP de Chancelas - Poio

Título:  Rosalía de Castro.Escolma poética
Autora: Rosalía de Castro
Ilustradora: Belén Padrón
Editorial: Kalandraka

Este libro presentado polos compañeiros do CEIP de Chancelas, recolle uhna escolma dalgunhas poesías  da grande poetisa  Rosalía de Castro da que este domingo 24 celebramos  o seu día. Os nosos compañeiros din que é un libro precioso, cunha edición moi coidada.  Neste programa  podemos escoitar algúns poemas musicados por Amancio Prada e a Señora Carme, e outros recitados polos nenos . Este é un bo libro para celebrar o DÏA DE ROSALIA.

12:18 minutes (8 MB)

O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES, no programa de febreiro do CEIP As Covas - Meaño

Título: O estanque dos parrulos pobres

Autora: Fina Casalderrey

Editorial: Rodeira

O que din os nenos e nenas no programa: Trata dunha nena que se chama Noema, que ten por amigo ao seu avó porque o seu pai está pouco na casa. Cando morre o avó, a rapaza non o comprende. Este libro é triste pero interesante. Ensina a apreciar aos maiores porque son moi sabios. 


8:06 minutes (7.41 MB)

O BRILLO DOS ELEFANTES, programa de febreiro do CEIP de Pazos de Reis

Título: O brillo dos elefantes

Autor: Fran Alonso

Ilustrador: Enjamio

Edicións Xerais de Galicia

Un libro que fala de tristura na infancia dun neno de Centroamérica, pero tamén de alegrías e de como lle perde o medo á noite. 


13:43 minutes (8 MB)

A CHAVE DA ATLÁNTIDA, programa do CEIP Nº2 de Tui

Título:  A Chave da Atlántida

Autor (texto e ilustracións): Anxo Fariña

Edicións Xerais de Galicia

Premio Merlín de Literatura Infantil 2011

O que din os nenos e nenas no programa: É un libro de ciencia ficción ... do autor dos Megatoxos (...) É moi entretido e fácil de ler.


5:54 minutes (8 MB)

DOWN - programa do CEIP Vicente Risco de Vigo

Título: Down

Autora: An Alfaya

Editorial: Rodeira Edebé

O que din os nenos e nenas no programa: Vai dun rapaz simpático, espelido e repoludo,  que se chama Siro, que quere descubrir por que o seu curmán Guillerme ten os ollos achinados. Dalle voltas, dando corda o papaventos da imaxinación. Segundo os nenos que leron o libro, é moi divertido, agradable e interesante.

 


5:38 minutes (5.17 MB)

Programa colectivo de Nadal do CEIP Pazos de Reis

Aquí están as recomendacións de todo o alumnado  de Pazos de Reis; un programa que hai que escoitar.

 

 Este é o libro que recomendamos para adultos

 

E este o  da música que escollemos: María Fumaça

 


 



13:34 minutes (8 MB)

Programa de radio CEIP Nº2 de Tui, Konrad, el niño ...

Título:  KONRAD o el niño que salió de una lata de conservas

Autora: Christine Nöstlinger

Editorial Alfaguara


A señora Bartolotti vive bastante feliz, aínda que a xente pensa que é rara. Unha das súas aficións é pedir todo tipo de cousas por catálogo. Un día recibe unha gran lata cun neno dentro; unha fábricea faille chegar un dos seus mellores productos: un neno perfecto, educado, amable, listo e obediente.


10:45 minutes (8 MB)
Distribuir contido