try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Pazos de Reis

EDLG 2012-2013

PONTE...NAS ONDAS! 2013

O venres 31 de maio celebrarase a XIX Xornada de Radio Inter-escolar PONTE…NAS ONDAS! .

A partir das 10:00h os programas de todos os centros educativos participantes quedarán colgados na web: www.pontenasondas.org   á disposición de quen queira velos e/ou escoitalos. O lema desta xornada é PONTE…A BRINCAR! . Un ano máis participan centros educativos de toda Galicia e Portugal, e tamén haberá programas de escolas de Chile, Colombia, Brasil e Arxentina.

 A parte técnica da emisión por internet correspóndelle á Universidade de Vigo a través da súa canle UVigo-TV.

A escola de Pazos de Reis participa cun programa elaborado por nenos e nenas de 4º e 6º co título de Ponte a xogar…  Nel contaron coa participación de avós e avoas que viñeron á escola a compartir saberes e xogos con nós

Celebración dos Maios e o Festival das Letras Galegas 2013

Nesta serie de 6 vídeos ofrecémosvos o resultado do traballo que fixemos para estas celebracións. O Festival tivo lugar o 16 de maio na Casa Cultural d'O Anxo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Adiviñas e o Pirimpimpín: 1º e 2º

sentímolo, flash non está dispoñible.

Despedida e Polca da Porteliña - 6º

sentímolo, flash non está dispoñible.

O CEIP de Pazos de Reis no Tui le

O día 23 de abril, participamos no "Tui le, os libros na praza da Catedral", a actividade que vén organizando a Biblioteca Municipal nos últimos anos, contando coa colaboración das blibliotecas dos centros escolares de Tui. 

  Ademais dos libros que intercambiou todo o noso alumnado, mestres e mestras, os nenos e nenas de 1º, 3º, 4º e 6º fixeron a súa particular aportación interpretando poemas de Rosalía de Castro e Xosé Neira Vilas. 

 Aquí deixamos o vídeo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Alumnado de Pazos de Reis conta contos na Biblioteca Municipal

O martes 30 de abril, ás 17:30h, nenos e nenas da nosa escola contarán contos na Biblioteca Municipal de Tui, usando a técnica xaponesa do Kamishibai.  Así se anuncia na páxina do concello, 

 http://www.concellotui.org/php/noticias.php?id=2106 :

Pola súa banda, o martes 30 de abril ás 17,30 horas os alumnos do CEIP de Pazos de Reis ofrecerán unha sesión de contos coa técnica tradicional xaponesa do kamishibai e así os alumnos de E. Infantil narrarán o conto “O castelo en guerra”, os alumnos de Primeiro de Primaria “Historia Encantada”, namentres que os alumnos de terceiro curso de primaria narrarán o conto “O neno coas mans e a cabeza ao revés” e finalmente os rapaces de cuarto de primaria contarán “O feitizo de Drácula”. “Kamishibai” é unha palabra xaponesa que significa “Teatro de Papel”. É unha técnica especial de linguaxe oral, que forma parte da herdanza cultural xaponesa. Unha forma, dende séculos, de contar contos en Xapón. Trátase dun teatriño de madeira cunha sucesión de láminas coas que se narra e interpreta unha historia.


Vídeo resumo do Entroido 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido