Comedor e Madrugadores

NORMAS E CARACTERISTICAS DO COMEDOR E MADRUGADORES

 

OBXECTIVOS DO COMEDOR
1.               Crear hábitos alimenticios saudables: alimentación suficiente, variada e equilibrada.
2.       Adquirir hábitos de hixiene antes, durante e despois das comidas.
3.       Fomentar actitudes de axuda e respecto entre os compañeiros e o persoal do comedor.
4.       Promover actividades no tempo de ocio.
5.       Cuidar e respectar os locais, mobiliario, e utensilios de uso comunitario.
6.       Manter unha comunicación aberta coas familias.
 
 
CALENDARIO, HORARIO E PREZOS
 
O servicio de comedor e almorzo funcionará todos os días lectivos, segundo o calendario escolar. Para facer uso deste servizo é imprescindible ser socio e ter seguro do ANPA.
 
→Horario de Servicio de Madrugadores: De 7,30 a 9 horas. Este pode ser con almorzo e garda, ou só con garda .
Os prezos para os socios serán DIFERENTES PARA os seguintes SUPOSTOS:

   

      -Días fixos con almorzo..........: 2,50

      -Días fixos sen almorzo..........: 2,25

      -Esporádicos con/sen almorzo: 4,00

 
→Horario do Servicio de Comedor: De 14 a 16 horas.
Os prezos para os socios serán DIFERENTES PARA os seguintes SUPOSTOS:
    -Prezos:
      -Días fixos..........: 3,31
      -Esporádicos.......: 6,00
 
 
COMUNICACIÓNS MENSUAIS
 

Os almorzos se elaborarán no propio centro.


Os menús do comedor son de catering, distribuidos pola empresa adxudicataria ARUME.


 


Nos primeiros días de cada mes enviarase o menú escolar mensual. 


Os recibos do servicio de madrugadores e do comedor escolar enviaranse nos primeiros días de cada mes polos alumnos. Estes recibos serán abonados a mes vencido mediante ingreso na conta ES07 2080 5133 5630 4000 5149 (Abanca) indicando o nome do neno e/ou “Madrugadores/Comedor” no campo “Concepto”.

 

 
 
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR
  

PARA OS ALUMNOS

⦁Lavarse as mans antes de comer.

⦁Non coller alimentos coas mans.

⦁Non cambiar os vasos, nin coller alimentos dos compañeiros cos cubertos propios.

⦁Axuda mutua no uso adecuado de cubertos e vaixela.

⦁Non ter nas mesas obxectos que non sexan do comedor.

⦁Trato correcto pedindo as cousas “por favor” e dando  as “gracias”

.⦁Usar o pano antes de beber auga e sempre que se necesite.

⦁Mastigar coa boca pechada.⦁Levantarse da mesa sin arrastrar a silla.

⦁Pódense manter conversas nas mesas sen subir o tono.

⦁Dirixirse aos compañeiros e coidadoras de xeito cordial.

⦁Calquera que dificulte co seu comportamento o desenrolo da comida, se lle cambiará de mesa.

Si reincide, comunicarase ás familias. Si son faltas repetitivas informarase a Dirección do Centro que tomará as medidas oportunas segundo consta no Plan de Convivencia.

⦁No horario de comedor non se pode subir ás clases.


 

 PARA AS FAMILIAS

⦁Aos alumnos recolleraos a persoa que autoricen os pais (por escrito), previo aviso ás coidadoras do comedor, Dirección,  ou na A.N.P.A.

⦁As faltas xustificaranse polos pais.

⦁Avisarase antes das 9:10 horas se o alumno non vai asistir ao comedor. 

          O teléfono de avisos é 686 54 99 24 (A.N.P.A.), ou no teléfono do colexio.

⦁É necesario traer un xustificante médico para servir unha dieta especial (alérxicos, intolerantes, etc.), agás no caso de dieta blanda, que se pode avisar antes das 9:10 horas do mesmo día. 

 

 
 
 
( categories: )
Distribuir contido