Seguimos con melloras no centro, e fai tres semanas estreamos a rede de vóleibol, instalada no patio. E xa nos estamos facendo uns expertos neste xogo!
O vernes 2 de xuño ás 12.30 o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de primaria asistiron a unha charla sobre os coidados aos animais, impartido pola clínica veterinaria Recatelo e San Froilan.
Dezaoito alumnos do CEIP Paradai representaron ao centro na competición de xogos romanos disputada o domingo 21 de maio no MIHL entre diferentes centros escolares.