try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

16.11.20.CHARLA ONLINE APRENDER EN IGUALDADE

 Estimadas familias:

Informamos que o vindeiro día 16 de novembro  ás 16h celebrarase unha charla online relativa a APRENDER EN IGUALDADE organizada pola ANPA de Palmeira. A charla está destinada a toda a comunidade educativa e será impartida por Mon Vilar, da Asociación Lila de Lilith acción social e educativa cuxa  duración será de aproximadamente 100 minutos.

Poderán acceder á actividade a través deste enlace premendo directamente sobre el.

No caso de desexar acceder polo móbil deberán descargar a aplicación ZOOM.

Podedes acceder a mais informacion, premendo nesta icona: 

Saúdos, a Xunta Directiva da ANPA