try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

29.10.21: CELEBRANDO O SAMAÍN ENMASCARADO

Estimadas familias:

para celebrar o Samain este ano decoraremos o patio con cabazas terroríficas que deberán ser elaboradas polo alumnado nas súas casas polo que pedimos a vosa colaboración para poder levar a cabo esta actividade. (Á hora de decoralas tede en conta que estarán expostas no exterior, deberán traer o nome e o curso e se traen candea debe ser eléctrica). As cabazas poderán traerse a partires do martes 26 de outubro e serán recollidas o venres 29 de outubro. No patio estarán marcadas diferentes zonas por cursos para que sexan colocadas. Para evitar aglomeracións nas entradas e saídas a exposición de cabazas poderá ser visitada pola Comunidade Escolar as tardes do martes, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas

O venres 30 de outubro, o alumnado poderá vir disfrazado, se así o desexa, de zombies ou coa  temática do medo e poderán decorar unha mascara desbotable acorde co seu disfrace. Unha vez na aula para facilitar a correcta respiración, deberá ser retirada e deixar a axeitada.  

Por outra banda, recordamos a importancia de prescindir daqueles accesorios de man que o alumnado teña que traer para evitar ter que desinfectalos á chegada.

Agradecemos a vosa colaboración.

Saúdos, O equipo de EDLG.