try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

AVISO: CAMBIOS NA ORGANIZACION DA ENTRADA AO CENTRO

CAMBIOS NA ORGANIZACION DA ENTRADA AO CENTRO


 

Estimadas familias:

Informamos que a partires de mañá día 7 de outubro do 2020, o alumnado de Educación Primaria que veña a pé accederá ao recinto seguindo o mesmo horario que se estableceu a principios de curso e sen acompañante, e colocarase en filas no patio de arriba ata o momento da entrada escalonada. Deste xeito procuramos unha mellor seguridade ao noso alumnado evitando as aglomeracións na estrada así como os posibles accidentes que puideran derivarse da espera na rúa sen as medidas de seguridade. 

Esperamos que estas medidas sexan máis efectivas que as anteriores. Agradecemos a súa colaboración e comprensión. Ante calquera consulta, non dubiden contactar co centro.

Saúdos, a Dirección