Skip to Content

Secretaría

COMEDOR ESCOLAR 2020-2021

LEMBRÁMOSVOS QUE HOXE REMATA O PRAZO PARA A ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA INSCRIBIRSE AO COMEDOR ESCOLAR DESTE CURSO.

AMPLIAMOS O PRAZO ÚNICAMENTE ATA MAÑÁ DE 10:30- 13:30H PARA AQUELES QUE NON O ENTREGARON.

O ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL (3 ANOS) PODERÁ ACHEGALOS O VENRES DÍA 4 DE SETEMBRO, APROVEITANDO QUE VEÑEN Á REUNIÓN COA TITORA, EVITANDO O TRÁNSITO INNECESARIO POLO CENTRO.

UN SAÚDO

A DIRECCIÓN

DATAS INICIO DE CURSO

Este ano, seguindo as Instruccións da Conselleria , o inicio de curso será escalonado:

- Dia 10 de setembro:

              alumnos de 4° e 5° de E.Infantil (3 e 4 anos)

              1°, 2° e 3° de E. Primaria

 

- Día 11 de setembro:

               Alumnos de 6° de E. Infantil (5 anos)

                4°, 5° e 6° de E. Primaria 

 

Un saúdo 

 

BENVIDOS Á NOVA ESCOLA!!!

Queridas familias:

Despois de moito tempo, o vindeiro 10 de setembro, estaremos de volta!

Esperamos que todos esteades ben e poder comezar o novo curso 2020/2021 da mellor maneira posible.

O equipo directivo levamos días traballando no plan de adaptación ao contexto Covid estes días e xa o ten rematado. A vindeira semana, tras presentarlo ao claustro de mestres, esperamos poder facelo público na nosa páx web.

Adiantarvos que este curso finalmente poderá xantar todo o mundo xa que nos permitiron facer varias quendas e comezaremos ás 14h co comedor.

Outro punto que queremos comentar é que este ano non haberá nin biblioteca nin actividades extraescolares. O servizo de madrugadores e de "ludioza" que organiza o concello levarase a cabo únicamente para aquelas  familias nas que os dous proxenitores teñan que traballar.

As entradas e saídas do centro faránse de xeito escalonado para evitar aglomeracións, Pedimos que evitedes as reunións na porta do colexio, debedes deixar aos vosos fillos/as e liberar ese espazo.

Como xa sabedes o uso da máscara será obligatorio para todo o alumnado en todo momento agás para Infantil que ainda que é recomendable o seu uso na clase, non é obrigatorio pero si nas áreas comúns do centro. 

É moi imporatnte que estedes pendentes da web do centro para estar informados en todo momento de posibles cambios, así como  a descarga do AbalarMobil  e/ou TokApp como medio de mensaxería e información.

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

 

NOVAS PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 RELACIONADAS CO COMEDOR ESCOLAR 20-21

Queridas familias:

Seguindo o protoclo de adaptación ao contexto da Covid-19 publicada pola Xunta de Galicia o 14/7/2020, no comedor escolar deberemos manter unha distancia entre alumn@s de 1,5m ou 1m sempre que non estean encarados. Esto fai que o número de prazas de comedor se reduza drásticamente (60 comensais como máximo) tendo agora mesmo 128 alumn@s. Se este protocolo non varía terase que aplicar a instrución 2/2019 da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares onde veñen reflectidos os crriterios de selección e admisión de usuarios.

1-Alumnado usuario do servizo de comedor o curso pasado.

2- Alumnado usuario lexítimo do transporte escolar.

3-Alumnado pertenecente a unidades familiares que se atopen en situación socioeocnómica de exclusión social ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

4-Alumnado membro de familias numerosas.

5-Alumnado con pais/nais ou titores legais que teñan os dous incompatibilidade horaria por mor dos seus traballos.

6-Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúese aos escolarizados voluntariamente fóra da área de influencia que lles corresponde.

Barallouse a posibilidade de facer dous turnos pero, de momento e tras consultar con inspección educativa, é imposible xa que teríamos que reducir a xornada lectiva para os alumnos de comedor e isto non está permitido.

Para a organización do comedor é preciso que veñades a polos impresos mañá martes 21 de xullo ou o mércores 22, e que os entreguedes cubertos o 1 e 2 de setembro.

Deixamos os impresos en pdf por se non queredes ou podedes pasar polo centro. 

Horario no centro 10:30h /13:30h.

Un saúdo.

 

ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS CURSO 20-21 PARA OS ALUMNOS DE 3º E 4º DE E.P.

TODOS OS ALUMNOS/AS QUE SOLICITARON O FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO O TEÑEN CONCEDIDO.

 

UN SAÚDO

ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Queridas familias: 

No taboleiro da entrada do centro están publicadas as listas de admitidos e excluídos das axudas para a adquisición de libros e material escolar. Por motivos de protección de datos non as podemos publicar na páxina web.

Dende hoxe día 02 de xullo 2020 e ata o vindeiro martes 07 de xullo 2020 podedes pasar a recollelos en horario de 10:00h- 13:30h.

As familias que non poidan acudir neste horario poden chamar ao 881880908 para concertar unha cita.

Lembren respetar as medidas hixiénicas e sanitarias establecidas por lei.

Un saúdo.

Nais / pais colaboradores do servizo de comedor.

Queridas familias:

Aínda que non sabemos como vai ser o funcionamento do servizo de comedor do vindeiro curso, os pais ou nais que queiran ser colaboradores poderán anotarse vía email ou de forma presencial esta semana de 10 a 13.30h.

Un saúdo.

Adianto calendario escolar 2020- 2021

O alumnado de Educación Infantil terá maior flexibilidade para incorporarse aos centros educativos ao comezo do vindeiro curso escolar. Así o acordou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional hoxe coas organizacións sindicais na mesa sectorial desenvolvida para abordar o calendario escolar do curso 2020/21.

Así, a cativada que comece segundo ciclo de Educación Infantil disporá de máis días de adaptación, coa prolongación do período ata finais de setembro, cando estaba inicialmente previsto para dez días a partir do 10. De xeito excepcional, esta medida poderá aplicárselle tamén ao demais alumnado da etapa que o precise. Trátase así de facilitarlles a volta ás aulas aos máis pequenos, despois de seis meses distanciados da contorna escolar por mor da suspensión das clases presenciais o pasado marzo. 

Na xuntanza desta mañá aprobouse o calendario escolar segundo a proposta presentada pola Consellería de Educación. Para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o 10 de setembro de 2020 e rematarán o 22 de xuño de 2021.

 

Así mesmo establécense como períodos de vacacións Nadal (desde o 23 de decembro de 2020 ata o 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive); Entroido (os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021) e Semana Santa (desde o 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2020.

Canto ao funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, en Educación Primaria funcionarán desde o 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020- 2021

ESTIMADAS FAMILIAS:

A continuación adxuntamos por cursos a relación dos libros necesarios para o vindeiro curso.

 

Un saúdo.

                               

 

NOTAS AVALIACIÓN FINAL

ESTIMADAS FAMILIAS:

INFORMAMOS QUE A DATA DE PUBLICACIÓN DAS NOVAS DA AVALIACIÓN FINAL SERÁN PUBLICADAS POLO ABALARMOBIL O DÍA 18 DE XUÑO 2020.

DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL, NON SE ENTREGARÁN DE XEITO PERSOAL PARA EVITAR RISCOS.

 

UN SAÚDO.

A DIRECCIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut