Skip to Content

Animación á lectura

CELEBRACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS

Durante o día de hoxe, 24 de outubro, celebramos no centro o día das bibliotecas cunha pequena actividade que consistiu en que alumnos de 5º EP leron aos rapaces de Infantil un par de contos que estiveron a preparar durante toda a semana con moito agarimo e esmero. Pasárono todos de medo¡¡¡ 

COMEZO DO PRÉSTAMO DE LIBROS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Durante o día de hoxe comezará o servizo de préstamo da biblioteca do centro. Despois duns anos de parón no uso da instalación, o centro e, nomeadamente, grazas á colaboración dos mestres que forman parte do equipo de biblioteca, decidiu darlle un pulo a través da renovación de mobiliario, pintado completo da aula (grazas á colaboración do Concello) e reorganización de fondos bibliográficos.

Os membros do claustro do CEIP Oza dos Ríos cren firmemente en que a animación á lectura e a adquisición do seu hábito favorecen enormemente ao desenvolvemento do alumnado e incremento do seu rendemento académico, polo que a mellora e uso constante da biblioteca pasa por ser un pilar fundamental do día a día no centro.

IMOS LER!!!

 

Ola nenos!!!

Dende o cole queremos invitaros a ler uns libros para vivir novas aventuras!

É moi sinxelo, só tes que entrar no seguinte enlace e introducir os códigos que mostramos a continuación.

 

http://aulavirtual.santillana.es/av3online/login

 

1º e 2º de EP:     usuario: 15012420-0009-0001

                          contraseña:hyj4SJyx

 

3º e 4º de EP:     usuario:  15012420-0009-0001

                           contraseña: RAr5KT7C

 

5º e 6º de EP:        usuario:  15012420-0009-0001

                             contraseña: kfTXfjbi

 

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020

 

OS DESEXAMOS UN FELIZ DÍA DO LIBRO E QUE APROVEITEDES ESTA CIRCUNSTANCIAS PARA ANIMAR AOS NENOS A LER!

BO DÍA

 

 

MONICREQUES NO COLEXIO

O 19/05/2017 REPRESENTOUSE NO COLEXIO "A GALIÑA AZUL" POR CORTESÍA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d116337250k8339211o1l1/tte...

DIA DO LIBRO

O VENRES 21 DE ABRIL CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO CONTÁNDONOS CONTOS ENTRE OS COMPAÑEIROS, LENDO CONTOS ASO MÁIS PEQUENOS E ATA O NOSO MESTRE SUSO (XESÚS TORRES REGUEIRO) RELATOUNOS UN CONTO DO MÁIS INTERESANTE.

 

VELAÍ TEDES UNHA MOSTRA

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d109014694k8922745o1l1/dia-do-libro

CONTO "O MOUCHO EVARISTO MOITAS LETRAS"

"EVARISTO MOITAS LETRAS"

portada

 

3 anos

 

4 anos

 

5 anos

 1º

 

2º

 

3º

 

4º

 

5º

 

6º

 

 

 

BRINCALETRAS POLO DÍA DO LIBRO

Á espera de subir as imaxes das actividades do Día do Libro 2013 deixámosvos dous BRINCALETRAS para que pasedes un rato entretido. E se non o tedes claro nalgunha xa sabedes: pasapalabra!

Picade AQUÍ para ir ao xogo en galego.

 

Picade AQUÍ para ir ao xogo en castelán.

NADAL

 Se queredes aprender un montón de cousas, facer manuallidades en familia, escribir contos divertidos, ler, cociñar, escoitar panxoliñas e moitas cousas máis picade AQUÍ. Cada casiña é un xogo. Bo Nadal a todos e todas e pasádeo moi ben!

Distribuir contido


by Dr. Radut