FIN DE CURSO

Ola familias!

Hoxe remata o curso 2019-20, día en que normalmente faríamos o festival de final de curso, teríamos a actuación de infantil,a graduación dos que rematan a etapa… pero este ano polas circunstancias especiais nas que estamos a vivir, non podemos celebralo como nos gustaría.

Nesta ocasión, a despedida farémola a través desta páxina web, felicitándovos aos peques polo ben que vos portástedes durante o confinamento, por todo o que tedes traballado dende a casa e ás vosas familias polo apoio que vos teñen dado nesta situación inédita.

Para recompensarvos por todo elo, preparámosvos un diploma de finalización de curso, que atoparedes no documento adxunto. Buscade o voso nome e podedes imprimilo na casa.

Pola nosa parte, queremos desexarvos un bo verán, perdirvos que vos coidedes moito e animarvos a desfrutar das vacacións.

Cargade ben as pilas porque agardamos vervos a tod@s a partir do vindeiro 10 de setembro, para recuperar todo o tempo perdido.

Moitos bicos e apertas para tod@s!

AdxuntoTamaño
Diplomas clase 3 anos.doc14.18 MB