Skip to Content

Xornada de primeiros auxilios

 

Fai uns días tivemos a visita dos voluntarios da Cruz Vermella de Betanzos que iniciaron a todo o noso alumnado en primeiros auxilios.

 

Rosalía feminista

 

Alumnado de 4º e 6º de primaria fai una revisión da obra da poetisa centrándose na súa faceta máis reivindicativa e feminista.

 

ROSALIA FEMINISTA

Día Internacional da Muller

 

Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos no centro o día da muller realizando un mural representativo entre todo o alumnado no que cada alumno/a fixo a súa aportación.

Asemade, reunímonos para escoitar un fragmento contado polos/as alumnos/as máis veteranos/as, acompañado dunha cantiga adicada á igualdade.

Entroido 2023

 

Outro ano máis non colexio de Oza celebramos o entroido como é debido, trouleando e papando os doces típicos destas datas. Velaquí algúns deses momentos.

 

Aberto prazo de admisión de alumnado para o curso 2023-24

 

Dende este mércores día 1 ata o 20 de marzo de 2023 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexe cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Anexo información

Anexo impreso solicitude de admisión.

Novo podcast dos/as alunmos/as de 6º de E.P.

 

Velaquí dous novos podcasts dos /as nosos/as artistas máis veteranos/as. Hoxe toca barcos.... esperamos que vos gusten!

 

 

O AFUNDIMENTO DO TITANIC

 

O DESASTRE DO PRESTIGE

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Estimadas familias:

 

O luns 27 de febreiro as 16:30 horas, terá lugar a Xornada de Portas Abertas, para todas as familias que desexen coñecer o noso centro de cara a matricularse o vindeiro curso 2023-24.

 

Durante a visita explicarémosvos as normas básicas e realizaremos un percorrido coñecendo todos os espazos e servizos cos que conta o noso centro. O que sí vos pediríamos é que unicamente veñades os pais/nais ou titores/as. Porén, se os/as vosos/as pequenos/as queren facer unha primeira toma de contacto, facilitaríasevos sen problema unha futura data unha vez estean matriculados.

 

O prazo para a solicitude  de admisión  no centro abranga dende o día 1 ata o 20 de marzode 2023. Nesta data publicarase na páxina web toda a información relativa ao proceso de admisión.

 

Asemade, deixámosvos un documento adxunto coa información máis detallada.

 

 

 

Taller Pilabot

 

Na liña do concurso de recollida de pilas e acumuladores nos centros educativos onde participamos este curso, o pasado mércores realizouse un taller por parte desta iniciativa da Xunta no noso centro.

Neste, explicáronse os distintos tipos de pilas, así como os efectos nocivos das mesmas no medio ambiente.

Asemade, afondouse no tema da recliclaxe así como nos diferentes contenedores e puntos limpos.

Para rematar, o noso alumnado tivo que demostrar canto aprendera a través dun divertido xogo grupal.

Día da paz 2023

 

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, este luns 30 de xaneiro recibimos a visita do pai dunha alumna que pertence ao Club Colombicultura de Bergantiños.

 

Ademais de realizar unha exposición e achegarnos as particularidades destas aves que representan a paz, poidemos disfrutar da solta dunha destas pombas cunha mensaxe especial que levou até o seu fogar.

 

Somos moi afortunados ao poder desenvolver unha actividade tan enriquecedora para os/as nosos/as pequenos/as. Grazas Roberto por compartir esta experiencia connosco! 

Novo podcast dos/as alumnos/as de 4º E.P.

Compartimos novas actividades realizadas dende a aula de radio e enmarcadas dentro do Proxecto de Centro en relación ao coidado do medio ambiente. NATURIZO

OS INCENDIOS FORESTAIS A CONTAMINACIÓN DA ATMÓSFERA A CONTAMINACIÓN DOS MARES

Distribuir contido


by Dr. Radut