Skip to Content

AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ED. PRIMARIA NO CURSO 2021/22

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/ 22 (código de procedemento ED330B).

 

- PRAZO DE SOLICITUDE: 21/5/2021 ao 22/6/2021

- FORMULARIO: ED330B

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros.

Estas pódense cubrir na propia aplicación, imprimila, asinala e finalmente entregala no centro.

Se tes a Chave 365, podes cursar a petición electrónicamente. A propia aplicación informe ao centro da presentación.

     

      Aplicación Fondo Libros

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

        Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

   

Para presentar a solicitude na sede electrónica é preciso o DNI electrónico ou certificado dixital.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Solicitar cita previa no teléfono 881 866 840

O alumnado de 6° EP que remata etapa educativa e vai para o IES, debe solicitar esta axuda no seu novo centro.

 

fondo libros 



page | by Dr. Radut