SAMAÍN 2021. CONCURSO DE CURTAMETRAXES.

Por fin chegaron as curtas de medo deste samaín. Preme na seguinte imaxe para ver as curtas premiadas e na imaxe grande para ver @s nos@s artistas en acción.

 

 

A continuación tedes o traballo de ambientación sonora que realizou o alumnado de 6º utilizando o programa audacity e unha das curtas do noso alumnado. Preme na seguinte imaxe para ver o resultado.

 

OLIMPIADAS DO OUTEIRO 2021

Ao longo destes dous últimos días de clase, o alumnado participou nunhas pequenas olimpiadas como punto final ao proxecto de centro destes dous últimos cursos. Cada clase escolleu unha disciplina deportiva e competiron contra un grupo de mestr@s. Para ver un resumo do que foi estas miniolimpiadas, preme na seguinte imaxe e para ver todas as fotos, preme AQUÍ.

 

E a contiuación tedes un vídeo resumo a cámara rápida do que foron estas dúas xornadas.

 

 

INGLÉS - END OF SCHOOL YEAR 2020-21

Queremos rematar este ano escolar 2020-2021 convidándovos a que fagades unha pequena viaxe connosco  a través de actuacións realizadas por todo o alumnado do centro nas distintas clases de Inglés onde repasamos contidos vistos ao longo do curso. 

Deste xeito, camiñaremos pola selva, gozaremos do arco da vella, iremos de picnic, de desfile de moda… Tamén coñeceremos a un grupiño de cobaias, á ratiña presumida e aos membros dun barrio chamado Outeiro para xa finalmente despedirnos ata o vindeiro curso agardando que pronto todo volva a normalidade.

Para ver os vídeos, preme na imaxe ou no blogue "english and art".

Feliz verán a tod@s!

CONCERTO UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Hoxe visitounos o grupo "Uxía lambona e a banda molona " para facer un concerto. A continuación, podedes ver un resumo do que foi este concerto. Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos.

 

 

OBRADOIRO DE PRADEIRAS MARIÑAS - 6º E.P.

  • Se queredes ver o vídeo do congreso, preme neste ENLACE.

 

Pulsa na seguinte imaxe para ver o vídeo.

TALLER DE PERCUSIÓN

O alumnado de 6º tivo hoxe a oportunidade de gozar dun taller de percusión dirixido por Didier, un mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass sobre ecopercusión co fin de montar unha pequena batucada. A continuación tedes un resumo do que foi o taller e un vídeo co resultado final a modo de exhibición diante de todo o cole. 

LETRAS GALEGAS 2021

Xa está aquí o festival do día das Letras Galegas, adicado este ano a Xela Arias. Tendo en conta a situación actual provocada polo COVID, este ano cada aula preparou unha pequena actuación tal e como podedes ver premendo na seguinte imaxe.

 

Este ano tamén deseñamos as nosas propias camisetas para celebrar o día das Letras Galegas. Preme na imaxe para ver un resumo.

MAIOS 2021

Seguindo coa tradición dos maios da nosa vila de Redondela e tendo en conta a situación actual provocada polo COVID, amosámosvos o traballo realizado no centro para celebrar os maios neste curso 2020-21.Todas as coplas de primaria foron feitas por cada unha das clases.

Preme na imaxe para ver un resumo e os vídeos das coplas. Para ver todas as fotos, preme AQUÍ.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2021

 

Aquí tedes un vídeo da triatleta Susana Rodríguez, tres veces campiona do mundo de triatlón.

 

 

Aquí tedes un vídeo da triatleta Saleta Fernández, campeona de España de salto de altura.

 

 

ROSALÍA DE CASTRO 2021

O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro. No colexio non deixamos de festexar o seu 184 aniversario.

Aquí vos mostramos unha pequena recompilación do traballo feito polo alumnado. Premede na imaxe para ver o vídeo.

Sempre Rosalía!

Powered by Drupal - Design by artinet