Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

2º A

Audio Rosalía

Posted in

Así celebramos o Día do Libro

Posted in

Primeiro fixemos un traballo de plástica, cada un co seu libro favorito, que expuxemos no corredor. Chamámoslle a "Árbore das Letras".

O día 23 de abril visitamos, por parellas, as outras aulas do colexio para recomendarlle ás compañeiras e compañeiros o noso libro e ademáis lémoslles un fragmento. A nós gustounos moito esta actividade e todas e todos nos escoitaron con moita atención.

As profesoras tamén nos quitaron fotos que podes ver na galería.

Unha visitante inesperada

Posted in

Hoxe, no patio do 1º ciclo do colexio, tivemos unha invitada especial: unha toupa!!!!

Era moi pequena e negra. Buscaba o seu fogar para estar tranquila. Corría dun lado para outro asustada polo barullo dos nenos e nenas. Todos e todas estabamos moi contentas e ilusionadas ao vela.

NADAL

Posted in

Hoxe fixemos crackers e viñeron os paxes dos Reis Magos!

Celebramos o Samaín

Posted in

Que medooo!!!!

Traballamos moito para o Samaín, pero pasámolo moi ben.

Cabazas, pantasmas, morcegos, esqueletos... para decorar a nosa aula e o corredor.

Houbo cancións, bailes, contos de medo e, como non, tamén nos disfrazamos!

Chegou o outono!

Posted in

 

Chegou o outono e as nenas e nenos de 2ºA fixemos unha mostra dos produtos da terra que podemos desfrutar nesta estación. Hai moitos!

 

Podes ver máis fotos na galería.

Distribuir contido