Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Dinamización Lingüística

A MATERIA EN ESTADO PURO

A escola constitúe un dos principais escenarios educativos para desenvolver actividades saudables dado que se traballa con alumnos/as que se atopan en período de formación física,psíquica e social  que posúen una gran capacidade para a aprendizaxe e asimilación de hábitos.

Traballar a educación para a saúde é de vital importancia dende a infancia, por esta razón ao longo deste curso   en todos os  niveis educativos , (a través das actividades propostas dende a biblioteca e os distintos equipos), fomentouse o desenvolvemento saudable de todo o corpo , poñendo especial atención nos órganos imprescindibles para a actividade física (corazón, pulmóns, músculos e ósos que fan que o organismo  realice a súa actividade de maneira satisfactoria).

Por outra banda, tamén lles ensinamos (coa axuda das familias) a saber realizar hábitos alimenticios saudables, consumo de froitas e verduras, orixe dos alimentos, beneficios da actividade física  e tomar conciencia do valor dos alimentos como recurso esencial e indispensable para a vida.

Cabe destacar a participación na actividade de merendas saudables  ao longo do curso.

Traballamos de xeito globalizado coas distintas áreas do nivel, de ahí  o coidado do medio medioambiente  dado que é de vital importancia para a saúde: o  estudo das abellas  co “rico mel de Tilandra”.A modo de resumo, acadáronse os obxectivos propostos e as actividades resultaron motivadoras para o alumnado.

Na exposición dos traballos do alumnos-as, pódese ver unha pequeña escolma das actividades desenvolvidas ao longo do curso.

 

WEBMIX ANTÓN FRAGUAS

 

 A Real Academia Galega elixiu a Antonio Fraguas Fraguas como autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019. Se premedes na imaxe atoparedes un webmix sobre él.

Resultado de imagen de anton fraguas

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA NA HORA DO RECREO

Hoxe na hora do recreo o alumnado de 5° improvisou un contacontos para o alumnado de 1°. Esta actividade xurdiu de forma espontánea e demostra as boas relacións e o bo clima que se respira na hora do recreo na nosa biblioteca. Deste xeito non só traballaron a expresión oral e a lectura senon que ademáis fomentan o uso da lingua galega. E como non hai maior exemplo que unha boa imaxe,....

 

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Hoxe visitounos o autor Iago López que nos contou o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Disfrutamos moitísimo desta actividade, e a Iago gustoulle o noso cartel do Día do Libro, será polo guapo que sae o cociñeiro Martiño.

Se seleccionas a imaxe para ver todas as fotos da xornada.

 

 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Como cada curso celebramos o 23 de abril, Día do Libro coa "Lectura na carballeira". Por mor da choiva aprazamos a actividade a espera do bo tempo. Proseguimos coas actividades programadas para a semana recibindo ao autor Iago López que amosará o seu libro "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".  Para preparar o cartel conmemorarivo do Día, os e as axudantes da Biblioteca, basearon o seu traballo no cociñeiro Martiño. Velaquí o resultado.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

VISITA AO GADIS

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil realizou a actividade de "Alimentes" en colaboración co Gadis e dentro do proxecto deste curso "Hábitos de vida saudable". Saímos do colexio no autobús ás 9:30 da mañá cara ao Gadis de Montero Ríos en Santiago. Alí comezamos coa explicación da Pirámide alimentaria  e de seguido realizamos unha compra saudable. Percorremos distintas zonas: froitería, peixería, carnicería, zona de bebidas, zona de lácteos e panadería. En cada zona os nenos e nenas decidían o que era mellor para a súa cesta. Foi unha actividade moi divertida e enriquecedora. Aquí deixamos unha mostra do acontecido.

 

 

 

 

LUIS SEOANE

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes. Luis Seoane é o pintor homenaxeado no ano 2019. O alumnado de 2º E.P. estudou e traballou o cadro "As mariscadoras". Velaquí o resultado.

 

VISITA AO PARLAMENTO

O alumnado de 5º visitou o Parlamento e a Xunta de Galicia coñecendo de primeira man como funciona o noso goberno.

VISITA AO PARLAMENTO

 O alumnado de 5º visitou o Parlamento e a Xunta de Galicia coñecendo de primeira man como funciona o noso goberno