Un curso máis, celebramos O Entroido no colexio. Para comezar, ao longo da semana cumpriremos os Mandatos de Tilandra. Non esquezades que son acumulativos.
Así que toca divertirse!
LUNS
Se no Entroido queres gozar,
Así que toca divertirse!
LUNS
Se no Entroido queres gozar,
Para rematar o primeiro trimestre do curso, celebramos unha festa de Nadal. O alumnado de Ed. infantil e 1º de Ed. Primaria desfrutaron dun espectáculo de títeres: "O Nadal na Fraga" de Títeres Cascanueces e os cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria cantaron e bailaron coa discoteca móbil Animus.
Cada ano polo Nadal, organizamos no centro un concurso de postais, que posteriormente son as encargadas de felicitar as festas á comunidade educativa. As postais gañadoras deste curso foron as seguintes:
Postal en grupo de 2º A de Ed. Primaria
Postal gañadora de 6º A de Ed. Infantil: Lucas Boado Silva.
NORABOA!
O alumnado de segundo preparou e gravou co gallo do Día Internacional da non violencia de xénero, a canción: "A porta violeta".
Como todos os anos celebramos O Nadal, con actividades que enchen o colexio de luz, cor e ledicia dos máis pequenos, que viven ilusionados estas datas. Aquí vos deixamos unhas fotografías para que olledes o realizado.
O alumnado que pertence a Aula de Teatro do IES de Cacheiras, representou para nós a súa obra: "As maletas dos contos viaxeiros". Alí atopamos antigos alumn@s do colexio. Viñemos encantados! Os nenos e nenas de quinto e sexto desfrutaron do espectáculo!
Moitas grazas pola invitación!
Na clase de Ciencias Naturais, os nenos-as de 3º recrearon o funcionamento dunvolcán en erupción.
Para o desenvolvemento da actividade construiron nas aulas os volcáns con distintos materiais. Estudaron as partes e o seu funcionamento. Posteriormente amosáronllelo ao alumnado de 1º e 4º de E.P.
Aquí vos deixamos as nosas recomendación lectoras para o Nadal 2022. Atoparedes suxestións para os máis pequerech@s, para os median@s e para @s maiores do colexio. Todas as lecturas teñen a temática do PDI deste curso: Diferentemente iguais. Esperamos que desfrutedes do tempo de lecer cun bo libro.
Bo Nadal!
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 5 anos 36 semanas |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 4 anos 43 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 4 anos 43 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 4 anos 43 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 4 anos 43 semanas |