O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
O día 8 de marzo do 2021 celebramos o Día Internacional da Muller co lema "Mulleres Líderes nas Artes" en consonancia co PDI "Emocionarte con Tilandra".
Coas actividades desenvolvidas poñemos en valor os grandes esforzos que realizan as mulleres e nenas de todo o mundo para forxar un mundo mellor e máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid 19.
As familias do colexio celebraron o Entroido e compartiron connosco as súas vivencias.
GRAZAS FAMILIAS!
Un Entroido máis, Tilandra quere que os nenos e nenas do colexio dos Tilos vos divirtades e que a vosa imaxinación voe moi lonxe. Concretamente ata México e Holanda, que son países orixinarios dos protagonistas dos Mandatos. Se precisades máis información, ollade os vídeos da anterior entrada da web. Non esquezades que:"- Para poder ao cole volver a Tilandra teredes que obedecer". Fixádevos ben para cumprir os seus mandatos. Lembrade que estamos a traballar o PDI "EmocionArte con Tilandra". Seleccionade un dos pintores e cada día da semana engadiredes un complemento máis. O venres viredes caracterizados do pintor ou pintora elixidos.
Ademáis de desexarvos unhas Felices Festas, deixamos unha guía de lectura que elaboramos no centro. Esperamos que atopedes nela o mellor agasallo do Nadal. Non esquezades que un libro é un bo amigo. Bo Nadal!
Ao longo do curso 2020-2021,no colexio estamos desenvolvendo o proxecto “EmocionArte con Tilandra”.
A elección desta temática baséase na Educación Emocional como un proceso educativo continuo que lles axudará aos alumnos-as a desenvolver a súa personalidade e a súa intelixencia en distintas situacións da vida.
Co gallo da celebración da Semana do Libro, o alumnado de quinto recibiu a visita da autora Ledicia Costas. Por mor da pandemia este enconcontro mudouse ao ámbito dixital. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de entrevistarse coa escritora a través dunha conferencia virtual. Entre moitos temas que abordaron, destaca o intercambio de reflexións sobre o libro "Vampira de biblioteca".
Grazas Ledicia!
"O MUNDO É GRANDE": PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2015/2016 | hai 6 anos 9 semanas |
PLAN DE MELLORAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES | hai 6 anos 8 semanas |
"VIAXA CO TERROR": SAMAÍN 2015 | hai 6 anos 7 semanas |
MAGOSTO 2015 | hai 6 anos 7 semanas |
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA | hai 6 anos 7 semanas |