PDI: EmocionArte con Tilandra

NADAL 2020

Estas son as postais que gañaron o Concurso do colexio. Cada ano eran as encargadas de felicitarvos o Nadal. Este curso queremos desexarvos unhas Felices Festas e un Bo Nadal en formato dixital. Que o ano novo veña cargadiño de bos desexos!

 

FELICES FESTAS!

 

Educación Primaria 2ºA

 

Educación Infantil 5ºB

Emocións e Arte polo Nadal

 Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa.

 Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal.

 As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro:

   -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado.

   -Arte relacionada coas emocións e co Nadal.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ademáis de desexarvos unhas Felices Festas, deixamos unha guía de lectura que elaboramos no centro. Esperamos que atopedes nela o mellor agasallo do Nadal. Non esquezades que un libro é un bo amigo. Bo Nadal!

 

EmocionArte con Tilandra

Ao longo do curso 2020-2021,no colexio estamos desenvolvendo o proxecto “EmocionArte con Tilandra”.

A elección desta temática baséase na Educación Emocional como un proceso educativo continuo que lles axudará aos alumnos-as a desenvolver a súa personalidade e a súa intelixencia en distintas situacións da vida.

Concurso:" Postais de Nadal"

Un curso máis o alumnado do centro participou no Concurso de Postais. Os nenos e nenas do colexio desexan que cheguen estas datas tan emotivas. Desfrutan das actividades do Nadal e nos seus debuxos transmiten ilusión e felicidade a pesares da situación que vivimos este ano. Estas son as postais seleccionadas por clase. 

 

Certame de poesía ANOMAR

Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado.

Noraboa a Iván Fernández Montero.

Parabéns!

Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios.

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/teo/2020/12/07/dos-alumnos-teo-santiago-reciben-premio-certamen-poesia-anomar/00031607350590137271403.htm

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ao longo de novembro celébrase o mes da "Ciencia en Galego". O alumnado participou en distintas actividades nas aulas. Aquí deixamos algunhas delas.

O nenos e nenas de sexto de Ed. Primaria experimentaron con Scratch.

Scratch manexa unha linguaxe de programación orientados aos nenos e adolescentes. Permítelles crear historias interactivas, animacións, xogos...

Samaín-Magosto

No mes de novembro celebramos o Samaín-Magosto. Este curso non participamos no tradicional asado de castañas. Para ambientar a celebración, propuxemos aos alumnos-as unha tarefa na aula titulada: “A Castaña Mostruosa” . Cada grupo pode plasmala como considere facendo alusión á temática . Expóñense nun taboeiro para que o alumnado poida velas .

 

24 de Outubro: Día das Bibliotecas Escolares

Actividade: Para conmemorar esta data, cada nivel elabora un marcapáxinas no cal están presentes as temáticas do proxecto: arte, emocións e Mafalda como homenaxe o seu creador Quino falecido recentemente.

 

Conto de outono

Este outono os nenos e nenas de sexto, descubriron a "Rufus, o morcego que adoraba as cores". Por mor da Covid 19, non visitaron ao alumnado máis pequerecho do colexio para contarlles contos de medo. Así que decidiron que mediante a ilustración con voz era unha maneira distinta e segura de achegarlles o conto ao alumnado cativo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet