tradición oral

VISITA DO APALPADOR

 Un ano máis recibimos a visita do apalpador da man do avó dunha alumna do centro.

Moitísimas grazas pola túa colaboración.

 

 

O FILLO DO REI

Para rematar o ano adicado a Antonio Fraguas, ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de educación primaria leron e traballaron "O fillo do rei e outros contos populares" da Editorial Galaxia. É un libro de contos populares recollidos e creados polo pobo que chegaron ata nós transmitidos de xeración en xeración. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019 recopilou e coidou este patrimonio inmaterial galego. Como finalización do estudo asistiron ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa onde Xoán Curiel e Charo Pita agasalláronnos cun teatro musical misturado coa narración oral.

 

 

 

IAGO LÓPEZ VISITA O COLEXIO

 Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.

 

TITIRIBERIA

 O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia

 

GALICREQUES 2019

 Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!

 

CONTOS DE MEDO

O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias  preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!

 

Exposición itinerante - Onde foi barriga verde?

 O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.

 

José Silvent Martíneez. O mítico Barriga Verde. Urco Editora

Os "regueifeiros" de 6º de Primaria

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

O día 2 de marzo o alumnado de 6º de Primaria participou no proxecto "Enreguéifate" impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo co fin de dar apoio á difusión de improvisación oral en verso e, deste xeito, promocionar a lingua galega.

Despois de participar nun Obradoiro de Regueifas, este alumnado foi quen de facer as súas propias regueifas que tiñan como temática o feminismo aproveitando que o día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller.

Powered by Drupal - Design by artinet