Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

O alumnado de quinto de educación primaria, no segundo trimestre do curso leron o libro "Catro plumas de dinosaurio" da escritora Rosa Aneiros. O martes 28 de febreiro, a escritora visitou o colexio. Rosa Aneiros é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Colaboradora habitual en distintos medios de comunicación impresos e dixitais. O alumnado desfrutou dunha fructuosa e interesante charla. Rosa explicoulles a orixe do libro, a causa da temática, asemade asinoulles os libros.

Grazas Rosa Aneiros!

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA ALUMNADO DE 4º EP. e 5º E.P.

O pasado venres 24 de febreiro os alumn@s de cuarto e quinto de Ed. Primaria, asistiron ao concerto no Auditorio de Galicia a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, sobre a música e a súa evolución. Nel, explicáronnos a relación da evolución humana cos nenos e nenas galeg@s e coa creación da música. Asemade compartiron diversos e variados instrumentos elaborados polos propios nen@s. Seguidamente, repasaron os comportamentos musicais dos adultos, así como a teoría da orixe infantil de moitos instrumentos musicais.

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. VISITA DA CIENTÍFICA CRISTINA SÁNCHEZ SIXTO

Cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para xuntar esforzos co obxectivo de alcanzar o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas nos ámbitos científicos. Con esta efemérides, tratamos de visibilizar o traballo de mulleres que desenvolven as súas carreiras nas áreas coñecidas como STEM: ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Día da Ilustración 2023

Cada 30 de xaneiro conmemórase o nacemento de Castelao, celebrando o Día da Ilustración. Este ano adicado a María Antonia Dans. O alumnado de sexto elaborou unha biografía dixital sobre a pintora galega.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN NO CURSO 2023-2024

A xornada de portas abertas celebrarase o martes 28 de febreiro ás 17:00 horas.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

 

 FASE DE ADMISIÓN

 

Prazo: O prazo de solicitude abranguerá do 1 ao 20 de marzo do 2023, ambos incluídos.

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “
Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “
Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, últimas páxinas da solicitude que pode visualizar e descargar na aplicación).

 

Aplicación admisión alumnado: Pulse AQUÍ

 

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

Descarga do formulario: Pulse AQUÍ

 

 

Normativa de aplicación:

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

  • Criterio desempate: Pulse AQUÍ

 

 

 

 

CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN E MATRÍCULA

PRAZO RESERVA DE PRAZA

16 de xaneiro a 6 de febreiro

PUBLICACIÓN LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO

22 de febreiro

DATA SORTEO PÚBLICO PARA OS EFECTOS DE DESEMPATE

A última semana do mes de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo

PUBLICACIÓN POSTOS ESCOLARES VACANTES

Antes do 1 de marzo

PRAZO SOLICITUDES DE ADMISIÓN

1 a 20 de marzo

PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA BAREMO

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

25 de abril

RECLAMACIÓNS LISTAXES PROVISIONAIS

5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

ISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

20 a 30 de xuño

 

Máis información

 

ENTROIDO 2023

VENRES 17 DE FEBREIRO- DESFILE DE ENTROIDO.

 

PREME NAS IMAXES E VERÁS QUE BEN O PASARON ESTE SEMANA O ALUMNADO DO COLEXIO CO ENTROIDO!

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2023

Esta semana celebrouse o Día Mundial da Radio e que mellor xeito de rendirlle homenaxe que poñendo en marcha Tilandra nas Ondas. Pero para comezar, hai que aprender, e a iso foi ao que nos adicamos nestas últimas semanas. O alumnado de 6º tivo o privilexio de participar nun Obradoiro de Radio da man de Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. Con el, puideron iniciarse na edición de audios e tamén na elaboración dun primeiro programa, sendo eles os creadores dos contidos e tamén os técnicos de son. Unha experiencia moi completa! E aquí vos deixamos o resultado:

Mandatos de Tilandra

 

Un curso máis, celebramos O Entroido no colexio. Para comezar, ao longo da semana cumpriremos os Mandatos de Tilandra. Non esquezades que son acumulativos.

              Así que toca divertirse!

 LUNS

Se no Entroido queres gozar,

Excursión a Manzaneda

.

O alumnado de sexto desfrutou duns días de lecer na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda.Tiveron a oportunidade de compartir unha experiencia inolvidable. Pasáronno xenial!

Distribuir contido