Cada ano o alumnado do colexio participa no Concurso onde se elixen as postais encargadas de felicitar o Nadal ás familias. Aquí deixamos unha mostra das que participaron na selección final.
Para rematar o ano adicado a Antonio Fraguas, ao longo do primeiro trimestre, o alumnado de educación primaria leron e traballaron "O fillo do rei e outros contos populares" da Editorial Galaxia. É un libro de contos populares recollidos e creados polo pobo que chegaron ata nós transmitidos de xeración en xeración. O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019 recopilou e coidou este patrimonio inmaterial galego. Como finalización do estudo asistiron ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa onde Xoán Curiel e Charo Pita agasalláronnos cun teatro musical misturado coa narración oral.
Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.
O alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria do colexio, asistíu a unha representación dentro do Festival de Títeres Tradicionais. Titiriberia
Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
O mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no colexio. Como vén sendo habitual tivemos unha Exposición de cabazas coa premisa de que para a súa elaboración as familias empregasen materiales reciclados. Os nenos e nenas do colexio desfrutaron do día comendo castañas asadas e celebrando o Samaín.O alumnado que o desexou puido asistir caracterizado. O lema elixido pretendeu concienciar da importancia da redución dos residuos que tanto contaminan o noso planeta.
O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. As bibliotecas acostuman celebrar este día e no noso colexio este ano preparamos un buzón de suxerencias acerca do contido das mochilas viaxeiras. Para nós é importante contar coa opinión do alumnado para que poidan desfrutar do material que conteñen as mochilas. Asi que ao longo da semana estivo o buzón na entrada da biblioteca para que poideran aportar as súas inquedanzas. A única premisa era que tiveran en conta o PDI: Tilandra pensa en verde.
O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!
En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.