Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

VISITA AO PARLAMENTO

VISITAS AO AUDITORIO DE GALICIA

Posted in

Os alumnos de 2º e 1º de Educación Primaria asistiron ao Auditorio de Galicia a un concerto a cargo dunha orquesta formada pola Real Filharmonía de Galicia e alumnos da Escola de Altos Estudos musicais coa Casa da Música de Oporto.Pincha na imaxe para ver as fotos desta representación musical.

 

EXPERIMENTOS

Ao alumnado de 4º quedoulle bo "sabor de boca" da semana dos experimentos que tivemos no mes de novembro polo que decidiron afondar no tema dos experimentos con fluídos

(aire e auga).

Concretamente, o alumnado de 4ºB estivo realizando unhas sesións de experimentos científicos, onde tiñan que realizar e explicar en que consistía cada un. Foi un traballo realizado en grupos de 4 ou 5 alumnos e que resultou moi enriquecedor.

Deixo aquí o enlace ás presentacións dos traballos dos alumnos, espero que resulten interesantes...

 

https://edu.glogster.com/glog/experimento-con-maicena-e-auga/38twc3db9ao

https://edu.glogster.com/glog/como-inchar-un-globo-sen-soplar/35jwurspti4

https://edu.glogster.com/glog/experimentos-con-aire-e-con-auga/30leal2mirg

https://edu.glogster.com/glog/experimento-coa-auga/38xu6q28o2c

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da semana do 11 ao 15 de marzo, traballamos recopilando e analizando información dos xornais sobre o tema "Hábitos de vida saudable". Podes ver unha pequena mostra do traballo seleccionando a foto.

 

ADMISIÓN PARA O CURSO 2019/2020

O día 1 de marzo comeza o prazo para solicitar a admisión para o curso 2019/2020.

O prazo abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo.

Teñen toda a información na páxina web da Consellería de Educación, nos documentos adxuntos, e no seguinte enlace:

PREMA AQUÍ

EXCURSIÓN A CABEZA DE MANZANEDA

Os alumnos de 6º de Educación primaria forn de excursión a Cabeza de Manzaneda os días 20, 21, 22 de febreiro.

Practicaron esquí e snow, xogos e actividades na neve, actividades lúdico deportivas no pavillón polideportivo, natación na piscina climatizada e baile na discoteca. Foron tres días de diversión ocio e convivencia.

ENTROIDO 2019

 

Celebración: Entroido no CEIP Plurilingüe Os Tilos.

COMER SAN É DIVERTIDO

 

Ao longo da semana do 4 ao 8 de febreiro a Asociación Española Contra o Cancro visitou o colexio para impartir uns obradoiros ao alumnado de ed. infantil e ed. primaria. Foron unhas charlas onde aprendemos que alimentos son os máis beneficios para a nosa saúde e cales son os máis prexudiciais.

 

 

 

 

 

Distribuir contido