O outono xa chegou e no CEIP OS TILOS facémoslle honra.

As alumnas e alumnos de 1º, xunto coas nosas titoras, celebramos o outono con distintas actividades.
Recollemos follas secas para facer murais dentro e fóra das aulas. Tamén engadimos ourizos de castiñeiro, castañas e algúns animaliños.
A nosa mascota Pupi, xunto con Lila, tamén quixo celebralo con nós e achegouse ata aquí para desfrutar da paisaxe.