Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Na nosa escola sabemos da importancia de educar na loita contra a violencia. Por iso, como cada 25 de novembro, recordamos que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Nesta ocasión, e dentro do PDI “Diferentemente Iguais” escollemos como fío condutor o conto “Vivan as uñas de cores” de Luis Amavisca, e creamos as nosas propias mans con uñas diversas e mensaxes reinvindicativas. E para poñerlle melodía ao noso traballo, todo o alumnado cantou “A porta violeta” de Rozalem. Incluso algúnhas aulas empregaron a súa mensaxe como  inspiración, con resultados fantásticos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet