FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. - CURSO 2020/2021 -
Convocatoria Xunta de Galicia:
https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
Extracto da Orde:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0002_gl.html
DESTINATARIOS DE
- Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado que cursará 1º e 2º de Educación Primaria no 2020-2021.
- Fondo Solidario de Libros de Texto: Alumnado que curasará e 3º e 4º de Primaria no 2020-2021.
- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de Educación Primaria
Con renda inferior ou igual a 6000€
Cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
En garda ou tutela pola Xunta de Galicia.
O alumnado que cursará 5º e 6º de educación primaria no 2020-2021, ao estar incluído no programa E-Dixgal pode solicitar a axuda para material escolar, pero non para libros de texto.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- Solicitude electrónica en Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
- Tramitación en Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED33
- Entrega de solicitudes no centro. Anexos I e II; en horario de 10 a 13 horas.
O formulario da solicitude está dispoñible:
- No portal educativo, no enderezo: https://www.edu.xunta.es/fondolibros
- Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
A solicitude será única para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020-2021. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica enpregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por alumno/a.
DOCUMENTACIÓN
- Anexo I da solicitude e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar deben entregarse asinadas). Pódese descargar no seguinte ligazón: Anexos I e II.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
-
Certificado ou volante de convivencia.
-
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
LEMBREN
- Presentar a solicitude, a poder ser antes do 8 de xuño.
- Debido á situación actual, no centro non se fan fotocopias.
- Uso obrigatorio de máscara.