ALIMENTACIÓN SAUDABLE VS NON SAUDABLE

Como xa sabedes, neste curso académico o proxecto da nosa biblioteca e da nosa amiga Tilandra é a alimentación saudable. É por isto, que esta exposición xira ao redor deste tema. Para realizala fixemos dúas actividades que poden ver amosadas nas seguintes fotografías.

A primeira delas, foi un mural relacionado coa alimentación do meu alumnado. Para a actividade os alumnos e as alumnas trouxeron das súas casas envases de alimentos que consomen a diario. Logo un a un, foron calculando, a través da información aportada polos ingredientes do envase a cantidade de azucre que contiña cada un destes alimentos. Deste xeito, fóronse decatando da grande cantidade de azucre que tiñan a gran maioría deles. O obxectivo principal da actividade era o de que o alumnado tomase consciencia da grande importancia que ten a alimentación e tamén do pouco saudables que son algúns dos alimentos que consomen día a día.

A outra parte da exposición consistiu nunha búsqueda de información dun alimento, neste caso do figo. Para atopar a información máis importante fixeron grupos. Uns buscaron información sobre a figueira, outros curiosidades dos figos e os últimos unha receita elaborada con figos. Con esta actividade non só traballamos un froito, que como sabemos deben formar parte da nosa dieta diaria, senón que tamén coñeceron máis datos interesantes sobre o figo que non é consumido habitualmente por ningún deles.

Como conclusión final, consideramos que esta exposición foi cando menos interesante e divertida para cada un de nós e grazas a ela achegámonos máis aos hábitos saudables.

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet