OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras:

Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños.

Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego.

Grazas polo voso traballo !

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet