ESTAMOS DE VOLTA!!!

mascota_biblio

 

   O luns, día 9 de outubro, BIBLIO TILANDRA, a bibioteca do CEIP Os Tilos, abre de novo as súas portas. Aquí vos deixamos a invitación que nos fai a nosa mascota para que visitemos a súa casa.

   E, de paso, aproveita para propoñernos un xogo de palabras que ten moito que ver co lema escollido para o curso 2017/2018 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para traballar ao longo de todo o curso nas Bibliotecas Escolares: "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar".

Powered by Drupal - Design by artinet