RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo!

Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.

 

 

 

AdxuntoTamaño
RECOMENDACIÓNS NADAL 4 2021.pdf1.69 MB

A CASTAÑA MONSTRUOSA

Unha das actividades que desfrutamos nestas semanas de outono, foi a segunda edición do concurso A Castaña Monstruosa. Mirade que debuxos máis fermosos presentaron os nenos e nenas do colexio, para participar nel.

ENTREGA DE AGASALLOS ÁS GAÑADORAS

 

 

Celebrando O Samaín

Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas. 

 

 

TILANDRA PEREGRINA

Un curso máis, chega o momento de pór en marcha o Proxecto de centro: Tilandra no camiño.  A primeira actividade que plantexamos foi o debuxo da mascota da biblioteca. Tilandra está preparada para camiñar, pero non un camiño calquera, senon: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Así que pedímoslle ao alumnado de quinto e sexto que debuxaran a Tilandra peregrina. Estes foron algúns dos debuxos.

 

 

E aquí temos a nosa Tilandra Peregrina.

 

PDI 2021/2022: TILANDRA NO CAMIÑO

 

Ao longo do curso 2021 – 2022 desenvolveremos no centro o P.D.I. “Tilandra no Camiño”.

Un dos obxectivos deste proxecto é achegar o Camiño de Santiago ao noso alumnado.

Antigamente os peregrinos percorrían o Camiño de Santiago como penitencia ou castigo. Na actualidade os Camiños estanse revitalizando. Cada ano  as rutas énchense de caminantes modernos con distintas motivacións para peregrinar: cultura, deporte, ocio…, razóns importantes para colgar a cuncha e comezar a peregrinar.

Dado que o noso centro está ubicado moi preto da Catedral de Santiago, resulta doado contar con recursos motivadores para os alumnos-as.

No desenvolvemento dete proxecto todo o alumnado vivirá a experiencia de ser Camiñante  nalgún tramo do Camiño Francés ou Portugués .

 

Actividades desenvolvidas co PDI: "EmocionArte con Tilandra"

 O Equipo de Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e outros equipos do centro, ao longo deste curso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co PDI: "EmocionArte con Tilandra". Todo o alumnado e todo o profesorado, e, en xeral, toda a Comunidade Educactiva, participaron no desenvolvemento das actividades propostas.

Aquí un resumo feito polo noso alumnado:

 

AdxuntoTamaño
EmocionArte Infantil baja calidad.mp454.16 MB
EmocionArte 1º ciclo baja calidad.mp452.02 MB
EmocionArte 2º Ciclo baja calidad.mp444.53 MB
EmocionArte 3º Ciclo baja calidad.mp454.8 MB

Semana das LETRAS GALEGAS (10-14 de maio de 2021)

O Ceip Plurilingüe Os Tilos súmase como cada 17 de maio á celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicadas a Xela Arias.

Para conmemorar tal data, as nenas e nenos prepararon a danza dunha muiñeira para, xunto co emprego do galego, fortalecer e divulgar o noso pratimonio artístico e cultural.

 

O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril)

 

O venres 23 de Abril celebramos  o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura.  Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.

 

Deste xeito, e conectando co PDI “Emocionarte con Tilandra”,cada aula  elaborou a súa prenda de vestir con distintas alusións á diferentes tipos de libros, personaxes, autores… . En xeral, á literatura.

 

 O obxectivo desta actividade é despertar a curiosidade pola lectura a través das imaxes plasmadas na roupa pendurada do tendal.

 

Un libro é EMOCIÓN, e a escritura, a PINTURA da voz.

 A tradicional lectura na Carballeira, que se fai tódolos anos, este curso, debido a climatoloxía, desenvolveuse nunha Carballeira plasmada nun corredor do centro. Aquí vai unha pequena escolma da actividade.

 

 Os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria elaboraron un mural, co lema "Un libro da ás a imaxinación".

 

Recomendacións lectoras para o Día do libro

O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!

 

 

21 de marzo. Día da Poesía

Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.

Powered by Drupal - Design by artinet