Contido popular
Título | Resumo | ||
---|---|---|---|
A CASTAÑA MONSTRUOSA |
Unha das actividades que desfrutamos nestas semanas de outono, foi a segunda edición do concurso A Castaña Monstruosa. Mirade que debuxos máis fermosos presentaron os nenos e nenas do colexio, para participar nel. ENTREGA DE AGASALLOS ÁS GAÑADORAS |
||
SEMANA DA PRENSA |
Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas, o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración. -O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal. |
||
Entrevistas peregrinas |
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago.
|
||
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
Hoxe foi un día de festa, xa que, a nosa nova biblioteca comezou a camiñar. Contamos cun novo espazo máis amplo e adaptado ás necesidades do alumnado. Os nenos e nenas de sexto realizaron un gran traballo, colaborando no reto que supuxo trasladar e dar forma a unha biblioteca dinámica, con diversos servizos e recursos, onde os nenos e nenas do colexio atopen múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación. |
||
SAMAÍN 2022-DIFERENTEMENTE IGUAIS |
Un curso máis, celebramos o Samaín no colexio. Decoramos as portas, os corredores e a biblioteca, con estraños e horripilantes hóspedes: morcegos, esqueletos, bruxas, arañas ...Asemade desfrutamos dos contos terroríficos que prepararon os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria. Os nenos e nenas, o venres 28 de outubro, disfrazáronse de personaxes propios e característicos desta festividade. |
||
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO. Navegando polo universo |
O alumnado de terceiro e quinto de Ed. Primaria, descubriron o apaixonado mundo da Astronomía, nunha viaxe polo espazo dentro dun planetario de derradeira xeración, instalado no colexio. Dentro do programa cultural Ruta Quetzal, creado polo periodista e aventureiro Miguel de la Cuadra Salcedo. atopamos un proxecto docente motivador e cautivador, adicado á divulgación científica. Esta actividade, despertou nos nenos e nenas a curiosidade por coñecer máis sobre os temas relacionados co Universo. |
||
Obradoiro de Regueifas |
O pasado 25 de novembro, a rapazada de 6º tivemos a gran sorte de recibir a visita das regueifeiras Lupe Branco e Cristian de Burela, dentro do programa “Enreguéifate” do que formamos parte. E dende o primeiro momento, non houbo tempo ao aburrimento porque a regueifa invadiu cada recuncho da nosa Biblioteca. Primeiro, coas súas coplas, leváronnos da man a través da historia deste xénero de tradición oral e das súas características para despois, converternos en regueifeiros, elaborando as nosas rimas, botando “bombas” e regueifando sobre o escenario. Agora, xa só nos resta deixar voar a imaxinación. Grazas pola vosa visita! |
||
Os nosos inicios na RADIOS ESCOLAR | |||
PRESENTACIÓN DO LIBRO: "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA" |
O venres 16, o alumnado de sexto de Ed. Primaria tiveron a visita de Maite Vence e Manuel Vicente para presentarnos o libro "Estrelas Galegas da Ciencia". Unha historia de persoeiros e achados asombrosos. É un libro para nen@s, ilustrado de ton divulgativo e divertido, que pretender explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. |
||
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
Aquí vos deixamos as nosas recomendación lectoras para o Nadal 2022. Atoparedes suxestións para os máis pequerech@s, para os median@s e para @s maiores do colexio. Todas as lecturas teñen a temática do PDI deste curso: Diferentemente iguais. Esperamos que desfrutedes do tempo de lecer cun bo libro. Bo Nadal! |
||
VISITA DA ASOCIACIÓN: A MÁMOA DE LUOU |
O venres 13, viñeron ao cole Andrea Feros, Sara Pardo e Manuel Pardo, integrantes da asociación cultural A Mámoa de Luou. As nenas e nenos de cuarto e quinto de Ed. Primaria, puideron ver e escoitar os principais instrumentos do folclore tradicional, así como os ritmos caracerísticos da nosa música: muiñeira, xota, pasodobre, polka... Asemade coñeceron como se baila nas foliadas. Agradecemos a colaboración da asociación, que de forma desinteresada non fixo desfrutar e aprender un pouco máis da nosa cultura e da nosa música.
|
||
3, 2, 1 .... ARRANCA A RADIO ESCOLAR! |
Neste curso 2022/2023. no CEIP Os Tilos iniciamos o proxecto de Radio na Biblio, no marco da Biblioteca Escolar, como se recolle na Resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023. |
||
Asistencia a Regueifesta |
En colaboración co departamento de Dinamiación Lingüística do Concello de Teo, o alumnado de sexto, asistiu ao Auditorio de Galicia á festa das regueifas: A Regueifesta. Trátase dunha actividade didáctica impulsada polos proxectos Enreguéifate e Regueifesta que procura a participación da comunidade escolar na difusión da regueifa e da improvisación oral en verso. No encontro, interviron rapazas e rapaces que participaron no concurso, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisaron ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizaron o acto Sechu Sende, Manolo Maseda, Lupe Blanco e Olalla Liñares. O alumnado desfrutou dunha mañá moi enriquecedora para a nosa lingua.
|
||
Día do Libro |
O luns, día 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Nesta ocasión, para a elaboración do cartaz conmemorativo desa data, contamos coa colaboración do escritor Xosé Antonio Perozo que nos obsequiou cun fermoso microrrelato: "Cont(e)o".
Durante esta xornada levamos a cabo a actividade de "apadriñamento de lectores": "Lectura na carballeira". Asemade ao long de toda a semana o alumnado foi dando a coñecer o nome do seu libro favorito. |
||
O alumnado de 2º B expón os seus traballos sobre o Concello de Teo |
Do 21 ao 24 de maio, na biblioteca do cole, tivo lugar a exposición dos traballos realizados polo alumnado de 2º B de Primaria sobre o Concello de Teo. O alumnado, repartidos en grupos de 4 nenas e nenos, encargáronse de estudar dúas ou tres parroquias do Concello. Estes traballos fixéronse nas casas coa colaboración das familias. Unha vez rematados cada grupo amosoulle aos seus compañeiros e compañeiras o libro que fixeron e expuxéronlles a información recollida. Moitas grazas ás familias pola colaboración e por ensinarnos tantas cousas sobre as parroquias do noso Concello.
|
||
Enquisa profesorado 2018/2019 |
Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!! A vosa opinión é moi importante para nós.
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
||
ENQUISA ALUMNADO 2018-2019 |
A vosa opinión é moi importante. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar.
Tedes ata o 5 de xuño para responder. Moitas grazas pola vosa colaboración. |
||
SEMANA DA PRENSA | |||
OBRADOIRO LITERARIO | |||
OBRADOIRO DE REGUEIFAS |
O alumnado de sexto de primaria participou no Obradoiro de Regueifas, en colaboración co Concello de Teo. Actividade impartida por dúas regueifeiras: Alba María: cantora, compositora e regueifeira galega. Alén de realizar actuacións e ofrecer obradoiros, vaise asentando no eido da improvisación, sendo unha das poucas voces femininas e introducindo novos temas como o discurso de xénero na arte da regueifa. No 2017 publicou o seu primeiro libro Regueifa en Bergantiños. Sara Marchena: titulada en Lingua e Literatura Galegas, comezou a súa relación coa regueifa da man de Pinto de Herbón e Caruncho. Dende o ano 2017 imparte obradoiros de Regueifa con especial atención a Regueifa Feminista ou a perspectiva de xénero dentro do galego. Grazas polo voso traballo !
|
||
CORAZÓNS SAUDABLES DE 4 ANOS |
Comezamos o curso 2018-2019 cun novo PDI “Tilandra medra sa”. Os alumnado de catro anos adentrámonos no mundo da alimentación e hábitos saudables. Para abrir boca fixemos unha saída a Casa do Patrón, onde experimentamos o proceso de elaboración do pan de millo. Grazas as charlas da AECC e o obradoiro”Comer san é divertido”, aprendemos a comer de maneira saudable. No Entroido disfrazámonos de “Corazóns saudables”. Xa na primavera visitamos un supermercado para aprender as distintas seccións do mesmo. Co gallo do Día do Libro o contacontos Iago López presentounos a súa obra "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Realizamos un semáforo dos alimentos e aprendemos a distinguilos segundo a súa orixe. E por último non nos podíamos esquecer da reciclaxe. Todas estas actividades plasmámolas nunha pequena exposición que os papás e as mamás terán ocasión de visitar.
|
||
LECTURA NA CARBALLEIRA |
Aproveitando o bo tempo da semana das Letras Galegas, fixemos a xa tradicional Lectura na Carballeira. O alumnado dos cursos superiores elixen libros para ler aos máis cativos do colexio. É unha actividade onde disfrutan da natureza e ao mesmo tempo comparten o seu libro favorito.
|
||
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS. |
PARA ESTAR SANOS DEBEMOS TER SENTIMENTOS E
EMOCIÓNS AMOROSAS COS DEMAIS.
FIXÁMONOS NAS COUSAS BOAS QUE FAN OS NOSOS COMPAÑEIROS...
... PORQUE NOS SENTIMOS BEN CANDO FACEMOS SENTIR BEN AOS DEMAIS.
Para medrar sans e cuns dentes sanos e fortes temos que vixiar o que comemos evitando comer alimentos ricos en azucres, e comer máis froitas e verduras.
Fixemos traballos con lentellas e co millo e aprendemos algunha cousiña deles.
E moi importante empezar ben a mañá tomando un almorzo saudable…
… e despois de almorzar lembrarse de lavar ben os dentes.
|
||
TILANDRA PENSA EN VERDE |
Este ano comezamos cun novo proxecto "TILANDRA PENSA EN VERDE", aprenderemos a importancia de coidar o noso planeta. Ao longo do curso realizaremos distintas actividades: saídas, conferencias e obradoiros
|
||
Exposición itinerante - Onde foi barriga verde? |
O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.
|