Maio 2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

 

VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ

O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards

PAKOLAS

No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole,  a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita".

Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web.

BAILE DAS LETRAS

Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación  Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras.

Visita Paco Barreiro

O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de  "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa.

Powered by Drupal - Design by artinet