Un curso máis, ao longo de todo o mes de outubro, celebramos o mes da biblioteca. Comezamos o mes coa elaboración dun gran cartaz que, como en anos anteriores, é un adianto do proxecto documental integrado que vamos a desenvolver ao longo de todo este curso.
Ao longo de todo o mes desenvolveranse as seguintes actividades:
- Entrega das bibliocaixas ás aulas.
- Formación de usuarios para os novos colaboradores.
- Sesións de formación de usuarios para o alumnado con visitas á biblioteca e proxección do video "Tilandra davos a benvida".
- Entrega dun marcapáxinas para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar.
- Exposición de novidades nos corredores do cole.