O 24 de febreiro conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía. Este ano, dende o Equipo da Biblioteca e EDLG, decidimos unirnos a proposta feita pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: "RosalíaTe". A actividade consistiu en que cada alumno/a elaborou unha máscara de Rosalía que levaron para a súa casa para compartir coas súas familias e facer unha foto caracterizados/as de Rosalía, acompañados das súas persoas maiores: pais, avós,... e portando un cartel cun fragmento dun poema de Rosalía.
MOITAS GRAZAS a todos e todas pola vosa colaboración.