try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 21/22

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

2021-22

Dende mañá, día 21 de maio, ata o 22 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

-  A solicitude farase preferiblemente en:

Sede electrónica da Xunta 

ou na aplicación Fondo Libros

Por favor intentade facelo na aplicación ou sede electrónica, é moi sinxelo.

- A solicitude presencial deberá vir cuberta da casa e seerá entregada polo alumnado ao titor correspondente. Podedes descargala da aplicación de fondo libros (tedes o enlace aí arriba)

Notas importantes sobre o proceso:

  • Lembrade que en 5º e 6º de E. Primaria non haberá libro de texto xa que somos centro Edixgal (libro electrónico). Unicamente presentaredes solicitude de material.

Para as familias que presenten a solicitude presencialmente:

Polo protocolo COVID que temos vixente no centro podedes mandar a documentación polo alumnado. En caso de que falte algo xa volo facemos saber para enmendar todo o que sexa necesario.

 

 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

 

- ANEXO I debidamente cuberto.

 

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

a)    Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

 - Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

• DNI ou NIE

• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

 

- Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado deatributación de imputacións do exercicio 2019 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

 

b)    Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

 

▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  - Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

    - Certificado ou volante de convivencia.

   - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica