O herbario de 5º

Presentámosvos o proxecto que levamos a cabo durante estes dous últimos meses e que se titula "O herbario de 5º".





A comezos do curso decidimos realizar un ficheiro de plantas, polo que recollemos follas de distintas árbores e plantas.
Para secalas, colocámolas en follas de xornais e metémolas dentro de libros. Así estiveron varias semanas.


Logo, decidimos organizarnos en grupos para buscar información sobre cada planta. Esa nfomación recollémola en fichas coas que elaboramos o noso herbario ou ficheiro de plantas.

 
 
 




Este grupo foi o encargado de elaborar as fichas da: aucuba, figueira, espiño e tulla.


Este grupo encargouse do carballo, o fento e a hortensia.


Este outro grupo elaborou a ficha da oliveira, do pradairo e da roseira.