Skip to Content

Blogues

Entrevista a Federico Pérez

Lola está que non para ultimamente.

Nesta ocasión temos nada menos que unha entrevista co actor Federico Pérez, recente gañador dun premio Mestre Mateo.

Podedes ver a entrevista publicada no blog da biblio.

 

 

EXPOSICIÓN DE INSECTOS

Estimadas familias:

Convidámolos a ver o vídeo da exposición de insectos que tivo lugar na aula de POLO CREATIVO.

Os insectos foron elaborados polo alumnado de 6º de E primaria con materiais de refugallo. Antes realizaron un  gran traballo de investigación.

Esperamos que lles guste.

 

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO

Convocatoria de becas NEAE para o curso 23/24. O prazo remata o 20 de setembro de 2023.

Acceso ao BOE (pulse no seguinte enlace)

https://www.boe.es/boe/dias/2023/04/26/pdfs/BOE-B-2023-12318.pdf

 

Acceso a SEDE (pulse no seguinte enlace)

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886

DÍA DO LIBRO

O pasado 21 de abril festexamos no colexio o día do libro, como non podía ser doutra maneira, lendo libros. Os nenos/as maiores léronlle ós pequenos/as, resultando unha actividade na que todos disfrutaron coa lectura.

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIPP O Coto para o curso 23/24 están admitidos.

O prazo para a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A primeiros de xuño publicaremos nesta páxina a documentación necesaria.

XENTE DE CINE

Fai uns días tivemos no cole dúas visitas moi especiais, relacionadas co noso proxecto do cine.

Os nenos de infantil puderon disfrutar da visita de Javi, un cámara da TVG que lles ensinou moitas cousas sobre o seu traballo, as cámaras que emprega, como funcionan e ata lles amosou un dron e como voa.

MULLERES NO CINE

Celebramos o 8M, como non podía ser doutra maneira, a través do cine. Para iso, os nenos/as do colexio prepararon esta exposición sobre mulleres importantes no mundo do cine

MANIFIESTO 8M COLEGIO TS GRANADA - Portal del Consejo General del Trabajo  Social

Distribuir contido


by Dr. Radut