Skip to Content

INCUBANDO OVOS DE PITA PINTA ASTURIANA

O día 27 de febreiro tivemos no cole unha interesante charla sobre a pita pinta asturiana, unha especie que está en perigo de extinción.

Viñeron visitarnos dous membros da "Asociación por la Recuperación de la Pita Pinta Asturiana".

Aprendemos moitas cousas relacionadas con estes animais e a súa cria e coidados.

  

Para rematar deixaron ao noso coidado 24 ovos, que teremos que vixiar durante 21 días ata o seu nacemento. Na semana do comezo da primavera saberemos cantos pitiños temos!

 



page | by Dr. Radut