Skip to Content

Novas

REPARTO MÁSCARAS

Estimadas familias:

O próximo xoves día 13 de xaneiro procederase á entrega  das mascarillas outorgadas pola Consellería de Educación. O alumnado beneficiado é aquel  que  recibiu o vale de material didáctico. A persoa que as recolla (pai/nai/titor/a legal) deberá traer o DNI.

O horario de entrega será o seguinte:

De 9:00 a 9:30: 1º e 2º EP

De 9:30 a 10:00: 3º e 4º EP

De 10:00 a 10:30 5º e 6º EP

Para as familias que se atopen confinadas habilitarase un horario para a vindeira semana.

Un saúdo

RECORDATORIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR FAMILIAS

De acordo coa Convocatoria do día 2 de novembro, o próximo día 22, luns, en horario de 16'00 a 18'00 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. 

Tedes toda a información no documento axunto

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

O vindeiro 22 de novembro terán lugar as eleccións para a renovación do Consello Escolar. No documento axunto poden consultar a información sobre o proceso.

 

23 DE ABRIL. O DIA DO LIBRO

Queridas familias, o pasado 23 de abril foi o DÍA DO LIBRO.

No noso centro e, como proposta do equipo de biblioteca, conmemoramos este día tan especial traballando cada clase na creación dun video sobre un libro escollido polos nenos.

Ademais diso, decoramos a porta da aula coa portada do libro que cada clase traballou.mAquí vos deixamos estas fermosas obras.

Agardamos que vos gusten. Unha forte aperta.

video 3 anos

 

Video 5 anos

 

video 6º infantil

 

video 1º E.P.

 

video 2º E.P

 

 

Video 3º E.P

 

 

Video 4º E.P

 

Video 5º E.P

 

Video 6º E.P.

 

VOZ NATURA. MASCOTA " CERO RESIDUOS"

Benqueridas familias:

Como ben sabedes, este ano, como moitos outros, O Ceip O Areal, participou no proxecto  "Voz Natura" promovido pola Voz de Galicia. Dende o centro a coordinadora propuxo e levou a cabo diversas dinámicas entre as que se atopaba a ceración dunha mascota empregando residuos recollidos nos propios areais da contorna traballando así a creatividade do alumnado e a educación ambiental.

O concurso, que se desenvolveu dendo comezos de febreiro ata mediados de marzo, tivo unha gran acollida entre a nosa comunidade educativa. 

As creacións de todos e todas elas estiveron expostas no centro durante unhas semanas para recordarnos, entre outras cousas:

- a importancia da reciclaxe

- o coidade e mantemento da nosa contorna libre de resiudos

- o dosenvolvemento da orixinalidade e a creatividade

- o traballo cooperativo e colaborativo

- valorar e apreciar que todo ten unha segunda vida.

O pasado 8 de abril achegouse ao noso centro un fotógrafo vinculado á Voz de Galicia para inmortalizar as fermosas creacións dos nosos alumnos e alumnas e recoñecendo así a súa grandiosa labor.

Aquí vos deixamos o enlace do artigo e algunhas imaxes das mascotas participantes xunto a gañadora.

 

 

 

 

SEMANA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Grazas á ciencia e á aportación de grandes homes e mulleres ao longo da historia, desfrutamos de grandes tecnoloxías que nos facilitan a vida. E como ao longo dos tempos se deixou de lado o recoñecemento á labor das científicas e investigadoras, cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para dar visibilidade á labor que realizaron e realizan neste ámbito.
Aquí deixamos algunhas aportacións ou ideas que poden ser de utilidade.

 

CHEGA O ENTROIDO. OS MANDADOS DO MECO

Benqueridas familias, aquí vos van os mandados do Meco. Luns comezamos unha semana de troula e disparates que agardamos sexan seguidos por todas e todos vos...

Veña que xa está aí o entroido!!!

Boa semana, xa logo chega o luns!! 

 

LÁCTEOS NA ESCOLA

Estimadas familias:

Como sabedes, dende hai uns días a escola está a distribuir a cada neno uns "briks" de leite. Trátase dun Programa escolar cuxa finalidade principal é a de favorecer o consumo de froitas, hortalizas e leite entre os escolares dado que seguen a ser estes produtos dun consumo reducido entre os rapaces.

Este programa terá unha duración mínima de 10 días.

Ademais deste produto, tamén se distribuirán froitas frescas e de tempada que se vos comunicará días previos ao momento de comezar o reparto.

Engadimos o enlace onde podedes ver a información máis detallada sobre estes programas escolares relacionados coa boa alimetación e o consumo de alimentos de tempada, frescos e saudables.

 

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Estimadas familias, nas vindeiras semanas levaremos a cabo no centro a denominada Escola de Pais e Nais de xeito gratuíto, concedida pola Consellería de Educación, na que tentaremos explicar o funcionamento e manexo básico da aula virtual, tokaap, Edixgal, abalar,... Debido a isto, queremos facerlles chegar unha pequena enquisa a modo de sondeo para coñecer as persoas que estean interesadas, os contidos que máis lles interesa traballar, así como as datas que mellor se adapten a todos os usuarios desta nosa comunidade educativa e así poder organizar da mellor maneira posible este curso e de maneira segura.

Esperamos que lles sexa de interese e poidamos axudarlles nesta forzada experiencia tecnolóxica.

Deixamos aquí a ligazón da enquisa.

 

LIPDUB CEIP O AREAL

Queridas familias:

Aqui vos deixamos un femosísimo video para felicitarvos a todos e a todas estas datas tan especiais á par que diferentes.

Agardamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós.

Unha forte aperta e felices festas.

 

 

                           

Distribuir contido


by Dr. Radut