Skip to Content

VOZ NATURA. MASCOTA " CERO RESIDUOS"

Benqueridas familias:

Como ben sabedes, este ano, como moitos outros, O Ceip O Areal, participou no proxecto  "Voz Natura" promovido pola Voz de Galicia. Dende o centro a coordinadora propuxo e levou a cabo diversas dinámicas entre as que se atopaba a ceración dunha mascota empregando residuos recollidos nos propios areais da contorna traballando así a creatividade do alumnado e a educación ambiental.

O concurso, que se desenvolveu dendo comezos de febreiro ata mediados de marzo, tivo unha gran acollida entre a nosa comunidade educativa. 

As creacións de todos e todas elas estiveron expostas no centro durante unhas semanas para recordarnos, entre outras cousas:

- a importancia da reciclaxe

- o coidade e mantemento da nosa contorna libre de resiudos

- o dosenvolvemento da orixinalidade e a creatividade

- o traballo cooperativo e colaborativo

- valorar e apreciar que todo ten unha segunda vida.

O pasado 8 de abril achegouse ao noso centro un fotógrafo vinculado á Voz de Galicia para inmortalizar as fermosas creacións dos nosos alumnos e alumnas e recoñecendo así a súa grandiosa labor.

Aquí vos deixamos o enlace do artigo e algunhas imaxes das mascotas participantes xunto a gañadora.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut