Skip to Content

Relación dos libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023/2024

 

 (Preme na imaxe para consultar a listaxe).

 

 

Listaxe actualizada con data do 29/06/23 por erros no ISBN dos libros de Matemáticas 1º EP, e o cuaderno de Matemáticas de 5º de EP.

SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN

O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande.

(Preme na imaxe para máis información)

As familias sacan as patacas

Saco de patatas. bolsa de arpillera de dibujos animados llena de papa  madura montón, ingredientes alimentarios, ilustración vectorial aislado  sobre fondo blanco | Vector Premium

 

Hoxe mércores 14 de xuño de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, sacaron as boas patacas que medraron e que plantaran o alumnado de infantil. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.

(Preme na imaxe para máis información)

Ruta en Patinete 4º

Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023,  levouse a cabo unha Ruta en patinete, para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.

Fai Click ao teu bocata

Inicio | Fai clic ao teu bocata

 

O luns 5, martes 6 e mércores 7 de xuño de 2023, o alumnado do CEIP Nº2 DE TUI viviu, unha mágnifica experiencia cos responsables do programa "Faille Click ao teu Bocata". Aprenderon moitas cousas sobre as conservas, xogaron e mesmo probaron un exquisito bocata.

(Preme na imaxe para máis información)

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

O pasado luns día 5 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas  dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.

(Preme na imaxe para máis información).

Ruta do Río Lagartón

O pasado, martes día 30 de Maio de 2023  tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo,  dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.

( Preme na imaxe para máis información)

VIII Triatlón Tui-Porriño

O pasado sábado día 27 de xuño de 2023  tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.

(Preme na imaxe para máis información)

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Inicio | Ti si que es un bo peixe                                                                                                                     Inicio | Ti si que es un bo peixe

 

O 18 e 19 de maio de 2023, tivemos na escola unha visita moi especial, viñeron os amigos de "ti si que es un bo peixe".

(Para máis información preme na imaxe)

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego. Os alumnos do CEIP Nº2 estiveron traballando sobre o autor e por aquí vos deixan os PODCAST que fixeron.

(Preme na imaxe para máis información)

Distribuir contido


by Dr. Radut