Skip to Content

Actividades de Nadal

Cando chega o Nadal o noso Centro énchese de ledicia, cor e adornos navideños.

Este ano os corredores enchéronse de velas que adornaron todos os nenos/as do colexio coa axuda das súas familias. Quedaron moi bonitos.

Tamén fixemos o Nacemento na entrada do colexio. As figuras fixémolas entre todos/as utilizando materiais de reciclaxe, neste caso roliños de papel  hixiénico.

 Os de Educación Infantil fixeron o fondo cunhas vidrieras que lle quedaron moi bonitas.

Os nenos/as de 1º e 2º fixeron nas súas casas os animaliños que alí estaban, vacas, cabalos, ovellas, camellos...

Os de 3º e 4º encargáronse das figuras humanas, reis, Virxe, anxos, pastores, lavandeiras...

 E os maiores de 5º e 6º fixeron as casas, castelos, pontes e demáis construccións.

 O resultado estivo aberto ao público e que tivo moitas visitas das familias.

 

gifbelen

 

Na última semana fixemos o noso Festival de Nadal na que houbo de todo, teatro, panxoliñas...

 

teatro2º  panx 

 Os nenos e nas de 2º representaron

 unha obra de teatro titulada

 

 Os nenos e nenas de 1º non se quedaron atrás en aplausos

cando nos cantaron unha panxoliña para todos/as.

 

 regueifa6ºa   teatro

 Os nenos e nenas de 6º A quixeron facer un recordo das antigas

 "Regueifas de  Reis" que se están a perder nas nosas aldeas.

 Tamén os de 5ºB nos representaron outra obra titulada

" O boneco de Neve".

 

gifpapa noel

Pero non debemos esquecer o máis importante nestas datas, a vista de Papá Noel ao Colexio.

Todo o ano esperándoo pero ao fin chegou!

 

                                                           Ver galería de fotos de Nadal



page | by Dr. Radut