Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024.
O prazo rematará o 21 de xuño de 2023.
Destinatarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria.
Forma de presentación:
- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24.
- Presentación no centro do modelo ED330B e anexo II.
- Presentación por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B e anexo II) dispoñible na aplicación fondo libros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- O formulario da solicitude tamén estará dispoñible no centro educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Beneficiarios:
Poden consultar os requisitos segundo a renda per cápita familiar para a concesión das axudas no seguinte enlace:
- ORDE do 19 de abril de 2023.