Skip to Content

LISTADO DE LIBROS 2023-2024

Nos documentos adxuntos podedes atopar o listado de libros para cada curso. Na etapa de Educación Infantil non se empregarán libros de texto.

 

REVISTA ESCOLAR

Hoxe énchenos de orgullo e ilusión presentar a primeira edición da

Revista Escolar do noso centro. 

Nela poderedes atopar unha gran variedade de actividades desenvolvidas polo alumnado

ao longo deste curso 2022-2023. 

Esperamos que vos guste e a desfrutedes moito!

 


FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Prazo de matrícula entre o 20-30 xuño

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou en adxuntos). (Traede unha copia para cuñarvos e levar de xustificante).

- Impresos de autorizacións (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- 2 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria. (Traede copia e orixinal).

- Fotocopia do boletín de vacinas. (Traede copia e orixinal).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2022/2023 (só para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

O horario de atención ao público de secretaría para a matrícula do alumnado será:

 

Día 20 de xuño de 13:10 a 14:00.

 

Día 21 xuño de 09:00 a 09:50.

 

Do 22 e 23 de xuño e do 26 ao 30 de xuño 09:30 a 10:30.

Calquera dúbida chamar ao centro ou contactade vía e-mail.

*Non se realizarán fotocopias de documentos persoais no centro*

FONDO SOLIDARIO

Queridas familias:

Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Poderase solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.

 

Por suposto, para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela...(Ver bases da convocatoria).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 20 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2022 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal; ou ben  na secretaría do centro (de forma presencial) en horario de LUNS  e XOVES (13:10 - 14:00) e VENRES (09:00 a 09:50).

*(Deberase traer copia da primeira folla para compulsar)

*Deixamos en adxunto os ANEXOS para descargar e na conserxería tamén  teñen dispoñibles as copias impresas.

 

* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- Copia do libro de familia.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

 

(NO CENTRO NON SE REALIZARÁN FOTOCOPIAS DE DOCUMENTOS PERSOAIS)

 

Calquer información ou dúbida  atenderémosvos telefónicamente ou polo correo electrónico do centro.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

SOLICITUDE BECAS NEAE

Benqueridas familias, 

Foi publicada no BOE a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2023-2024.

O prazo de entrega é dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023

Na seguinte ligazón tedes dispoñible a información para proceder a solicitude das mesmas: 

Tramitar solicitude: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

De xurdir calquera dúbida, poden poñerse en contacto co Departamento de Orientación do noso centro. 

LISTAS DEFINITIVAS CURSO 2023/2024

Publicadas as listas DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos no CEIP Novo Mesoiro.

Para consultar a listaxe poden facelo: telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado, ou ben, de forma presencial, na zona de conserxería do centro. (De 09.00 a14:00).

 Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos no CEIP Novo Mesoiro.

Para consultar a listaxe poden facelo: telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado, ou ben, de forma presencial, na zona de conserxería do centro.

 

Un cordial saúdo!

O equipo directivo.

CONCURSO "CANTAMOS CON LAS MANOS"

Estimadas familias:

El centro está participando con un vídeo en el VI Concurso Escolar de Canciones en Lengua de Signos Española "Cantamos con las manos" y desde hoy hasta el jueves 27 de abril a las 12:00, está abierto el plazo para la votación del público, que podéis realizar en este enlace: VOTACIÓN VÍDEO

Os pedimos colaboración votando y dando la máxima difusión que podáis a la votación.

Un cordial saludo y muchas gracias.

 

 

 

 

 

 

"A HORTA QUE QUEREMOS"

 

Melloras da Horta Escolar Cofinanciadas polo Concello de A Coruña e a Fundación Repsol.

ADMISIÓN CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Informarvos que todas as solicitudes presentadas (de todos os cursos)  resultaron admitidas ao non haber máis solicitudes que prazas.

 

Publicarase a lista provisional o 25 de abril no taboleiro de anuncios da conserxería do centro e telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado.

 

Publicarase a lista definitiva o 15 de maio no taboleiro de anuncios da conserxería do centro e telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado.

 

Prazo de matrícula do 20-30 de xuño.

     *Colgaremos máis información ao respecto no mes de Xuño*

 

Distribuir contido


by Dr. Radut